Lugo, 27 de xuño de 2020. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, avanzou que o Grupo Socialista da Deputación defenderá unha moción no vindeiro pleno “coa que queremos reivindicar a necesidade dun novo modelo asistencial para maiores e persoas dependentes”. Concretamente, na proposta demandan unha auditoría independente que avalíe a situación das residencias das persoas maiores e a posta en marcha dun Plan Estratéxico de Residencias de Maiores, así como un plan de atención sanitaria específico para a poboación ingresada en residencias de cara a posibles novas vagas da Covid.
Rivera advertiu que “a epidemia da Covid-19 puxo de manifesto os defectos do modelo de residencias de atención a persoas maiores deseñado polo Goberno do Partido Popular. Un modelo baseado nun réxime de xestión privada no que á deficiente redacción dos pregos de concesión se suma a falta dun servizo efectivo de inspección que garanta o mantemento da boa atención ás persoas residentes, así como as adecuadas condicións laborais do persoal destes centros”.
Por iso, o Grupo Socialista reivindica “un modelo público, baseado na calidade e na proximidade. Un modelo no que se achegan as residencias ós maiores, para que estes podan permanecer no seu entorno, preto das súas familias”. Un modelo como o que a Deputación ten impulsado na Fonsagrada, Ribadeo, Trabada e Pol, e que chegará tamén a Castroverde, Pedrafita, Meira, Navia ou Guitiriz, entre outros concellos da provincia.
Así mesmo, a pandemia revelou unha cadea de irregularidades en centros situados na Fonsagrada, en Cangas ou en Ourense. Irregularidades que acadaban consecuencias máis dramáticas nese momento, pero que non se derivaban da excepcionalidade xerada pola Covid, senón que poñían de manifesto os erros de concepción do sistema. Un modelo no que se aposta por unha privatización do sistema (o 77% da xestión das prazas).
A oferta feita polo Presidente da Deputación segue sen resposta
Pablo Rivera dixo que “dende o Grupo Socialista da Deputación de Lugo contemplamos con asombro como a Xunta nin sequera respondeu á oferta de prazas para ingresar na residencia pública da Fonsagrada a cinco veciños da localidade vítimas dunha situación de risco nunhas vivendas comunitarias privadas que a Xunta pechou. En lugar diso, foron trasladados, innecesariamente, a 200 quilómetros do seu fogar”. “A oferta feita polo Presidente da Deputación, José Tomé Roca, á Xunta de Galicia o 16 de abril segue a data de hoxe sen resposta, e foron as familias dos afectados quen tiveron que tramitar, directamente e sen o respaldo da Xunta, o traslado dos seus maiores á residencia pública”, relatou.
Apoio ó traballo e compromiso dos profesionais sanitarios
O Deputado de Promoción Económica tamén aludiu ao traballo e ao compromiso dos profesionais sanitarios. “Tras o paso da Covid, o Grupo Provincial Socialista quere amosar unha vez máis o seu apoio ós profesionais da sanidade pública galega e o recoñecemento do traballo desenvolvido polos profesionais das residencias da terceira idade. Un traballo que, en moitos casos, non se desenvolve no marco profesional que sería aconsellable e que, durante a pandemia, supuxo un risco para a súa propia saúde”.
Por todo o exposto, o Grupo Provincial Socialista demanda na moción;
•O encargo dunha auditoría independente que avalíe a situación das residencias de maiores e na que consten as accións realizadas nos centros durante a pandemia, os expedientes abertos e as sancións aplicadas en caso de incumprimento.
•A posta en marcha dun Plan Estratéxico de Residencias de Maiores que inclúa as recomendacións formuladas polos informes do Consello de Contas, así como os resultados da devandita auditoría, e que recolla, polo menos, os seguintes puntos:
– A garantía dun servizo de inspección eficaz e rigoroso para o seguimento dos servizos ofrecidos nas residencias, de xeito que aseguren o cumprimento dos criterios de atención, asistencia médica, hixiene e, en xeral, os diferentes protocolos sociosanitarios axeitados ás necesidades das persoas usuarias.
– A revisión das condicións laborais, carga de traballo e axeitada asignación de tarefas do persoal das residencias, adecuando as ratios persoal/usuario e garantindo a correcta relación entre a formación do persoal e a tarefa a desenvolver.
– Diversificar a oferta residencial para persoas maiores, favorecendo a creación de micro residencias, vivendas comunitarias, vivendas compartidas e centros comarcais, favorecendo a atención a maiores no ámbito rural e súa permanencia no seu entorno vital.
.O deseño, en colaboración co Sergas, dun plan de atención sanitaria específico para a poboación ingresada en residencias de cara a posibles novas vagas da Covid. Este plan deberá contemplar:
A creación de equipos médicos específicos que se despracen ás residencias en caso de necesidade, sen deixar desatendidos os PACs.
A instalación de hospitais provisionais específicos que podan atender ós maiores en caso de que a situación ou os expertos o aconsellen.
E dotar ós profesionais das residencias de maiores de equipos de protección e realizar probas PCR ó persoal e ós internos.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



