Viveiro, 3 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro tratará no pleno do próximo martes, 7 de xullo, a aprobación provisional da nova Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos.
O obxecto desta ordenanza é a regulación, no ámbito das competencias municipais, da limpeza viaria e dos espazos públicos de propiedade municipal, así como a inspección e a realización subsidiaria, no seu caso, da limpeza dos solares e outros espazos de propiedade privada.
Tamén servirá para regular todas aquelas condutas e actividades dirixidas ó depósito e recollida de residuos municipais, respectando o principio de xerarquía, con obxecto de conseguir o mellor resultado ambiental global, mitigando os impactos adversos sobre a saúde humana e o medio ambiente.
“Esta ordenanza configúrase como un instrumento que pretende establecer os medios axeitados para garantir a calidade de vida e a defensa do medio ambiente no entorno municipal, articulando a corresponsabilidade pública e privada na protección do entorno e a calidade medioambiental”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Tras a aprobación inicial polo Pleno, de ser o caso, procederase ao trámite de información pública e audiencia aos interesados por un prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxerencias.
Posteriormente, procederíase á resolución de todas as reclamacións e suxerencias presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. No suposto de non presentarse ningunha reclamación ou suxerencia entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Por outra banda, con respecto á Ordenanza Municipal de Entrada ao Casco, neste momento estase no proceso de resolución das alegacións presentadas.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



