Lugo, 8 de xullo de 2020. Luís Álvarez, candidato numero 2 as eleccións autonómicas, visitou este mércores os concellos do Saviñao, Monforte de Lemos, Ribas de Sil, Folgoso do Caurel e Pedrafita do Cebreiro onde evidenciou as carencias que sofren os seus veciños tras 11 anos de recortes e abandono do PP. No acto estivo acompañado polos candidatos Marina Douton, Manuel Marey, Carmen Álvarez, e Alejandro Trashorrras, e o deputado Javier Cerqueiro.
Álvarez dixo que “o 12X fronte á agonía económica que deixa o PP, propoñemos un cambio na Xunta para impulsar unha Galicia emprendedora e con futuro”. Advertiu que “este domingo decídese se Galicia a lidera o PP ou un PSdeG que ten proxecto, equipo, ideas e propostas para darlle a Galicia un futuro mellor. Porque os que recortaron, privatizaron e destruíron emprego en 11 anos non poden pilotar agora a reconstrución”, dixo.
“O 12X temos que darlle á volta a este panorama de recortes, privatizacións e desmantelamento dos servizos públicos. Por todo isto é necesario e urxente abrir unha nova etapa na Xunta para dar a Galicia o cambio que necesita tras 11 anos de goberno do PP de Feijóo. Agora máis que nunca precisamos dun cambio para ter á fronte da Xunta un goberno progresista, comprometido con Galicia e cos galegos, non podemos perder esta oportunidade”, remarcou.
No Saviñao, o Voceiro Socialista, Celestino Rodríguez criticou a nova ubicación do centro de saúde no campo da Lama, unha zona de asolagamentos, sen contar co consenso dos veciños nin dos grupos políticos. O PSOE foi o único partido que se opuxo a esta ubicación”, replicou.
A voceira socialista de Folgoso do Caurel, Carmen Álvarez denunciou que unha ves máis o PP segue sen executar o orzamento previsto para o arranxo da LU-651 de Folgoso a Seoane. “Levamos con esta matraca de que está obra aparece nos orzamentos do PP dende fai anos, pero a día segue sen executarse. Aos veciños da montaña tómannos o pelo”, dixo.
En Ribas de Sil , Miguel Ángel Soutela critica o sectarismo do PP. “A día de hoxe aquí non se coñecen nin un só investimento do PP. Todas as iniciativas que hai en marcha fixeron cun goberno socialista da Deputación”.
En Pedrafita do Cebreiro é necesario unha senda peonil na marxe dereita da estrada LU-634. “Fixemos esta petición nos orzamentos da Xunta, pero sempre nos atopamos coa negativa do PP. Iso é o que nos axuda o Goberno de Feijóo aos concellos pequenos da montaña, non fai nada, solo mirar para outro lado”, lamentou o Alcalde, José Luís Raposo.

















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



