Barreiros, 9 de xullo de 2020. A alcaldesa de Barreiros anunciou no día de hoxe que a tendencia que se vén experimentando relativa ao incremento de poboación no último ano e, especialmente, os últimos nove meses “parece consolidada ao lograr superar de novo a cifra dos 3000 habitantes.”
Ana Ermida explica que a cifra dos 3000 habitantes “ten algo de máxico para Barreiros, xa que é una barreira que se baixou no ano 2014 e que sempre estivo planeando sobre o concello.”
A alcaldesa dálles a benvida a todas as persoas que escolleron Barreiros como o seu lugar de domicilio que permitiron que, desde o 15 de xuño do ano pasado, se incrementara o padrón en 66 persoas no cómputo total; polo que as novas veciñas e veciños son moitos máis.
Segundo explican desde o Concello “non existe un patrón nas persoas que deciden empadroarse en Barreiros, xa que hai desde familias con menores, persoas xubiladas ata persoas individuais” o que desde o goberno municipal valoran dun xeito “moi positivo, xa que demostra que o noso concello é un lugar agradable para que calquera, en calquera circunstancia persoal escolla para fixar a súa residencia.”
O goberno municipal asegura que, “a pesar do extraordinario e a dureza deste último ano, a aposta por reforzar os servizos que se prestan no municipio, como os relativos a coidado de persoas maiores ou as actividades de conciliación, contribúen a que a xente escolla este municipio; onde ademais existen unhas características naturais que xa o fan un lugar privilexiado ao que o acerto nas políticas que se desenvolvan a nivel municipal non van facer máis que reforzalo para situalo como un lugar de referencia para vivir”, conclúe Ana Ermida.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



