Lugo, 17 de xullo de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou esta mañá de que Adif comezou aos trámites para a expropiación de terreos no concello de Xove para o proxecto de ampliación e mellora do paso superior da vía do tren existente no Pumariño.
Isabel Rodríguez explicou que Adif dálle así un pulo a unha actuación prevista nun convenio que asinaron hai cinco anos, o 26 de maio de 2015, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias e o Concello de Xove.
O obxectivo deste proxecto é mellorar a configuración deste paso superior, así como da integración do vieiro urbano coa traza do ferrocarril no barrio do Pumariño.
A valoración estimada destas obras de mellora ascende a 210.000 euros (IVE incluído). O convenio estipula que Adif asume a redacción do proxecto e a dirección das obras, mentres que o Concello sufragará os traballos. A redacción do proxecto foi adxudicada en algo máis de 15.000 euros a INCOSA (Investigación y Control de Calidad SA).
A actuación consistirá na mellora das condicións xeométricas que na actualidade impiden o paso de vehículos pesados entre o barrio do Pumariño e o resto do concello polo seu acceso norte a través deste paso superior.
A solución desenvolvida consiste na execución dun paso superior sobre a vía férrea, adosado pola súa marxe oeste á estrutura actual pero sen tocala. Mantense a rampla existente en planta, pero modificando lixeiramente a pendente para o cal é preciso prolongar o muro existente para evitar que afecte á rúa e vivenda existente.
O trazado que se proxecta ten a súa orixe e remate no vieiro existente, de xeito que se poida manter en servizo o paso actual durante a execución da estrutura, pero será necesario desviar o tráfico durante a execución da rampla. O novo vieiro ten unha lonxitude de 46,713 metros sendo a lonxitude da estrutura 15,10 metros a a anchura 8,60.
Para mellorar o paso de pequenos camións, como pode ser o do lixo, amplíase a sección na estrutura e na curva pasando de unha anchura de 4 metros a unha de 7,20 metros de xeito que poidan virar pequenos camións e furgonetas.
Adif publicou hai uns días no Boletín Oficial do Estado o anuncio polo que somete a información pública, a efectos de expropiacións, o proxecto de ampliación e mellora do paso superior ubicado no p.k. 97/470 da liña Ferrol-Xixón no Pumariño, así como a relación de bens afectados.
A documentación de expropiacións pode examinarse na Subdelegación do Goberno, no Concello de Xove, na Subdirección de Infraestrutura de Adif e na sección “Información pública” do Portal de Transparencia da web do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (www.adif.es).
Lémbrase que para facer xestións na Oficina de Información e Rexistro da Subdelegación do Goberno é preciso contar con cita previa. As solicitudes poden facerse a través de internet, na sede electrónica de Administracións públicas (https://sede.administracion.gob.es –> Atención e Información –> cita previa –> otras áreas–> Información General al Ciudadano y Registro), ou telefonicamente, chamando, en horario de 09:00 a 11:00 horas, ao teléfono 982 75 90 78.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



