Lugo, 17 de xullo de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada de Promoción do Territorio, Turismo e Réxime Interior, e voceira socialista do Gobenro, Pilar García Porto, mantiveron na mañá deste venres un almorzo informativo con xornalistas da provincia con motivo do seu primeiro ano de mandato á fronte da institución. O mandatario provincial realizou un repaso polas principais liñas de traballo do Goberno que dirixe, dos proxectos que están en marcha e marcou a folla de ruta que a institución vai seguir no novo escenario que se abre logo da crise do coronavirus Covid-19. José Tomé asegurou que á volta do verán o Goberno comezará a traballar nos orzamentos do 2021 para telos aprobados este ano e poder comezar a executalos a principios do vindeiro, e anunciou que vai “reactivar a captación de fondos da Unión Europea para relanzar a economía e o emprego despois da crise sanitaria e para aproveitar as potencialidades da provincia nestes momentos que é tan necesario”.
“Creo que este primeiro ano de mandato foi bo para a provincia e para todos os veciños e veciñas. Hoxe a institución que dirixo é noticia polo seu traballo, polos seus proxectos e polo debate políticos dentro das canles normais que marca a democracia”, explicou o Presidente. Tomé Roca destacou a estabilidade do Goberno, cunha boa relación entre os dous socios baseada na confianza e no diálogo, o que permitiu, entre outras cuestións, disolver SUPLUSA e aprobar os orzamentos 2020 en tempo e forma.
Un dos temas centrais que marcaron as actuacións da Deputación nos últimos meses foi a xestión da crise da Covid-19. “Esta é unha situación grave, imprevista e inédita, que dende a Deputación fomos capaces de dar resposta de maneira áxil e eficaz aos concellos e á veciñanza”. O Presidente deu conta das principais medidas que adoptou a institución, dende as medidas de seguridade adoptadas, os protocolos nos centros de maiores, a campaña EN LUGO,SI para a reactivación do comercio, a hostalería e o turismo, ata a adaptación do Plan Único para que os concellos poidan destinar a metade dos recursos a afrontar a crise e a mobilización de preto de 70 millóns de euros dende o inicio da pandemia para poñelos a disposición dos municipios e do tecido social e produtivo”.
Cooperación cos concellos
O Presidente subliñou que neste ano a Deputación demostrou tamén a capacidade de cooperación cos concellos de todas as cores políticas, e co resto de administracións.
“Reforzamos o papel da Deputación como Concello dos Concellos, a través de instrumentos esenciais como o Plan Único, que subimos ata os 21,3M€, e outros plans, como o de dotación de marquesiñas, o de aforro enerxético Ilumin@ ou de instalación de desbriladores, entre moitos outros”, asegurou.
A maiores, a Deputación firmou neste último ano convenios con concellos de toda a provincia por importe de 2,6M€, ademais de facilitarlles ás entidades locais os medios do Parque Móbil ou todo tipo de asistencia técnica.
“Creo que é o momento de reivindicar o municipalismo, facer unha revisión en profundidade das facendas locais, porque os concellos estamos asumindo cuestións que non son da nosa competencia directa”, indicou.
Servizos sociais e infraestrutras
En materia de servizos sociais, ademais de destacar que a Deputación destina o 33% do Orzamento a políticas sociais e que cre no público, o Presidente fixo un repaso da actual situación dos catro centros de maiores que a institución ten funcionando na provincia e dos que están a piques de abrir ou en construción. “Abrimos o da Fonsagrada hai uns meses, asinamos o convenio marco do concello de Castroverde, contratamos o equipamento da de Pedrafita do Cebreiro, recibimos as obras da de Meira, asinamos o protocolo para construír a de Pantón, adxudicamos a de Portomarín e iniciamos as obras da de Guitiriz”.
Neste sentido, confirmou que antes de finalizar o ano abrirán os centros de maiores de Castroverde e Pedrafita.
Tomé Roca apuntou que debido á crise da Covid-19 se está demostrando que o modelo provincial de residencias funciona e é necesario porque “é público, de proximidade, e non busca o negocio. Garantimos o benestar e a calidade de vida dos nosos maiores e das súas familias, e tamén das comarcas nos que están ubicados, xa que xeran empregos que fixan poboación no rural”.
O Presidente, como encargado directo da área de Xestión Territorial, destacou que a prioridade en materia de infraestruturas é o reequilibrio territorial, “iso do que tanto se fala e que logo nunca se leva á práctica, porque nunha houbo un plan de reequilibrio territorial para Galicia, dende a Deputación intentamos levalo adiante”.
José Tomé lembrou que a Deputación ten a rede de estradas provincial máis extensa do Estado, e que lle dedica moitos recursos. Así, apunto, destina 6,4M€ en conservación ata o 2021. Como exemplo de xestión apuntou que, este ano, por primeira vez, comezaron os desbroces a primeiros de xuño, que a día de hoxe a Deputación ten obras en marcha en estradas da súa titularidade por valor de 4,6M€ e que antes de finalizar o ano se adxudicarán obras por outros 3M€.
Turismo e sectores produtivos
O Presidente destacou o traballo da Deputada de Turismo, Pilar García Porto, por trazar unha nova folla de ruta adaptada á nova realidade que trouxo consigo o coronavirus en sintonía co sector.
Como proxecto destacado puxo a creación do Parque Central de Galicia en Antas de Ulla, no “epicentro” da comunidade autónoma, un ambicioso proxecto que suporá un revulsivo turístico e económico para a zona e para toda a provincia, que, segundo avanzou o Presidente, estará previsiblemente rematado entre finais do 2021 e principios do 2022.
Tamén destacou o bo funcionamento das rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra, con máis de 2.500 viaxeiros dende a súa activación a mediados de xuño; a entrada da Deputación na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes; e o apoio ao sector audiovisual para promocionar a provincia con colaboracións como a da serie de proxección internacional O Sabor das Margaridas. “Produtores importantes téñense dirixido a nós para establecer liñas de colaboración”, indicou o Presidente, quen asegurou que a provincia se está a converter nun “plató de rodaxe”.
Outro dos puntos que marcaron a intervención do Presidente foi o impulso decidido da Deputación do sector primario, sinal de identidade da provincia. “Ademais das colaboracións económicas co sector e coas asociacións profesionais, traballamos por consolidar o papel da Granxa Gayoso Castro como motor do sector agrogandeiro da provincia, mostra é a Granxa Experimental de Leite ou o protocolo para crear no recinto un centro de recría de porco celta”. Tamén fixo referencias á Finca de Tor, en Monforte de Lemos, onde “temos un ambicioso proxecto de produción ecolóxica” para convertela nun motor do sector primario.
Alcoa
O Presidente tamén fixo referencia a asuntos de actualidade da provincia, como a situación dos traballadores da fábrica de Alcoa e das empresas auxiliares. “Sempre estivemos do lado dos traballadores e traballadoras” e “fomos os primeiros, nada máis coñecer o anuncio do despido colectivo, en plantexar o que agora din outras administracións: a intervención da empresa, que devolva as axudas públicas por manter o emprego e facer o mantemento da planta, algo que non cumpriu, e a posibilidade de vender”, asegurou.
Así mesmo, “dende a lealdade”, o Presidente dixo que seguirá reivindicando á Xunta de Galicia “o que é de xustiza para a provincia”, referíndose a infraestruturas pendentes “por máis de 150M€”, como, entre outras, o corredor Sarria-Nadela, a variante de Viveiro, o acceso ó porto seco de Monforte, a segunda fase da Ronda Leste, o remate do Plan Paradai ou as EDAR de Burela, Foz e Monforte, ademais da mellora de diversas estradas de titularidade autonómica.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



