Lugo, 20 de xullo de 2020. A Deputada de Promoción do Territorio, Turismo e Réxime Interior, Pilar García Porto, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participaron este luns en Foz na presentación da programación da VII edición do Festival Bal y Gay. Un acto ao que asistiu o presidente da asociación Xesús Bal y Gay, Enriquez Rodríguez Baixeras, a directora do festival, Alba Rodríguez, o Alcalde de Foz e Presidente da Mancomunidade da Mariña, Francisco Cajoto, o Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, a Alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o Alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
García Porto arrancou a súa intervención facendo referencia a que este festival servirá como reclamo de altísima calidade para animar á xente e aos turistas a desfrutar da comarca da Mariña con garantías de seguridade. A Deputación destina unha subvención nominativa de 13.000€ para a organización do festival, que se celebrará do 12 ao 24 de agosto nos concellos de Mondoñedo, Foz, Barreiros, Trabada, Viveiro, Lourenzá e Ribadeo. “Non pode ser unha programación máis acaída para os tempos que vivimos. A idea de levar os concertos por diferentes concellos servirá para insuflar dinamismo e darlle a oportunidade a persoas de diferentes lugares de estar ante grandes músicos nun ambiente seguro e sen aglomeracións”. Subliñou que un evento así é unha maneira de potenciar e promocionar a “nosa riqueza patrimonial, ao ser os monumentos os principais escenarios dos concertos”.
O 12 de agosto na Catedral de Mondoñedo, a Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave inaugurará con obras de Mozart a edición más ambiciosa deste festival no que se ofrece por vez primeira música sinfónica. O 14 na Igrexa parroquial de Foz, o grupo Sponte Sua e a soprano Ana Vieira interpretarán música barroca francesa. O 18 na Igrexa Santa María do Campo de Viveiro, Cosmos Quartet e o clarinetista Luís Cámara tocarán obras de Haydn e Brahms. As melodías de Beethoven soarán en Foz o día 19 no Pazo de Fontao cun recital de piano e o 20 na Basílica de San Martiño co Cuarteto Quiroga en conmemoración do 250 aniversario do seu nacemento. O sábado 22 o festival ábrese á música jazz cun concerto de Hot Chocolates en Porto Chico de Foz. A música de Beethoven pechará esta sétima edición cun concerto de Ensemble Bal y Gay o día 24 de agosto no Auditorio de Ribadeo.
Concertos familiares, documentais e conferencias
O programa musical de Bal y Gay tamén contempla cinco concertos familiares dirixidos aos máis cativos. O sábado 15 o Quinteto Invento ofrecerá o espectáculo Pedro y el lobo en Mondoñedo, Barreiros e Trabada. O domingo 16 Arcos Iris ofrecerá Músicas del mundo en Viveiro e Lourenzá. O festival completa a súa programación coa proxección do documental Dancing Beethoven o día 16 no Auditorio de Mondoñedo e na Casa da Cultura de Foz e a conferencia “Cómo se transforman sociedades a través de la música”, a cargo de Nathaly Ossa o día 21 en Foz. Os horarios e programa completo pódese consultar en www.festivalbalygay.com
Así mesmo, a Deputada puxo de manifesto a calidade do certame, situándose entre os mellores de música clásica de Galicia. “É unha cita de calidade, coidada, e que concentra a artistas de moito renome”. Outra das cuestións que García Porto subliñou na presentación foi a implantación de medidas para previr os contaxios, como a potenciación de venda online de abonos ou a retransmisión por streaming dos concertos.
A Deputada mandou publicamente un convite á veciñanza da Mariña, do resto da provincia e aos visitantes que pasan as súas vacacións na comarca a que aposten por esta proposta de ocio. Ademais, quixo poñer o foco en que é unha moi boa zona “para pasar as vacacións por tranquilidade, pola temperatura, pola gastronomía e pola ampla oferta paisaxística e monumental que oferta”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



