Viveiro, 6 de agosto de 2020. O Concello de Viveiro controlará e reducirá o consumo de auga nos servizos municipios e fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza, ante unha prealerta por risco de seca activada por Augas de Galicia.
En concreto, o pasado 17 de xullo Augas de Galicia, á vista dos indicadores metereolóxicos e hidrolóxicos contemplados no Plan de Seca da Demarcación Galicia Costa e tendo en conta as previsións metereolóxicas, activou a prealerta por risco de seca nos sistemas de explotación da Demarcación Galicia Costa que siguen a continuación: Río Mera, Ría de Sta. Marta de Ortigueira e Ría de Cedeira; Río Sor e Ría de Sta. Marta de Ortigueira e Ría de Viveiro; Río Landro e Río Ouro; 18: Río Masma; 19: Ría de Ribadeo.
Tendo en conta esta situación, é necesario concienciarse da necesidade de aforro de auga e minimizar o consumo desta especialmente nos usos non imprescindibles. Polo tanto este concello mentres dure a situación de prealerta controlará o seu uso limitando a rega de xardíns municipais e o baldeo das rúas.
Ademais, o concello recomenda á cidadanía limitar os baldeos e os enchidos de piscinas, e optimizar os recursos na rega.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



