Viveiro, 20 de agosto, 2020. No pleno do mes de febreiro, exixiamos desde o BNG a publicación dun bando municipal lembrando a obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle na instrución do 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza.
Após isto, desde o Concello emitiuse un bando que foi colocado nun número insuficiente de localizacións, pouco visíbel e cunha redacción entre complexa e confusa sobre as distancias que deben cumprirse para as plantacións de eucaliptos, piñeiros e acacias. Desde o BNG consideramos que existen multitude de recursos con información máis explícita, clara e concisa, como é o cadro que emitiu a Consellería de Medio Rural, no que aparecen delimitadas as distancias permitidas segundo o tipo de plantación e zonas.
Para o BNG é inadmisíbel que o Goberno Municipal non estea a utilizar todos os medios ao seu alcance como son a páxina web do concello, a prensa e as redes sociais, para difundir esta información e que chegue a toda a veciñanza; ou utilizar medidas como están a facer no concello de Ribadeo, efectuando a tala de eucaliptos ilegais daquelxs veciñxs que ignoraron todas as ordes que lles foron enviadas.
“A pesar de declarar Viveiro en situación de emerxencia climática no pleno de xullo do 2019, este é outro exemplo da pouca importancia que este Goberno demostra ante un tema tan importante como é o medioambiental” lamenta Miriam Bermúdez, “xa que faltan iniciativas propias do Concello en prol do medio ambiente e do coidado dos montes, e tampouco se aproveitan as axudas da Deputación de Lugo con esta fin”, como vén sendo o programa “O que non arde” no que xa pedimos a adhesión do Concello ao mesmo e parecen que fixeron ouvidos xordos.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



