A Pontenova, 2 de setembro de 2020. O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde anunciou que hoxe deu comezou no río Éo, o estudo pola falla de salmónidos que dirixe o biólogo da USC, Fernando Cobo. Un proxecto que se financia a través do Plan Único da Deputación cun investimento de 10.000 euros, e do que se obterán resultados a finais deste mesmo mes co fin de coñecer as respostas a este declive.
Campos Conde remarcou que esta iniciativa “é un clara aposta do goberno municipal da Pontenova en prol de preservar a nosa fauna e noso medio ambiente, e para coñecer así de xeito pormenorizado e científico que pasa exactamente co río Éo para que ano tras ano as cifras de troitas e salmóns, diminúan, o que conlevaría a extinción destas especies, algo que sería letal para a nosa Comarca”, advertiu.
O río Éo temos que preservalo, mimalo e coidalo
O rexedor afirmou que “o río Éo é vital no futuro da nosa vila, e entre todos temos que preservalo, mimalo e coidalo, aínda que non sexa unha competencia local. Hai que lembrar que o noso Concello sempre foi un punto de encontro e un referente para os pescadores de toda España. Por iso temos que seguir impulsando propostas e iniciativas que contribúan a mellorar a nosa Comarca e noso medio ambiente”, remarcou.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



