Ribadeo, 4 de setembro de 2020. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que neste 2020 non haberá festas patronais ao uso, pero si están programados algúns actos como a actuación da Banda Municipal de Música, ás oito desta tarde, no campo de fútbol Gregorio Sanz. Ademais o 8 de setembro ás 11:30 horas sairán os Cocos polas rúas da vila, acompañados dos grupos de música de Amigos de Gaita e Illa Pancha e na misa da patroa actuará a Coral Polifónica de Ribadeo.
A edil declarou que “como todos nestes tempos o Día da Patroa vai ser un día moi atípico. Porén temos dito varias veces ao longo destes meses que a cultura non pode parar, que se viu o ben que nos veu o lecer cultural en tempos de confinamento, e é máis atrévome a dicir que agora mesmo os eventos culturais están a ser dos actos sociais máis seguros, grazas a que se toman as medidas precisas e as persoas que asisten a eles se comportan responsablemente”.
Pilar Otero dixo que “con esta premisa queremos comezar a falar, en primeiro lugar, da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Hai moitos meses que non podemos escoitala porque, entre outras cousas, o número de persoas implicadas dificultaba moito os ensaios nestes tempos de Covid. Unha vez solventado o problema dos ensaios, organizado o protocolo de prevención sanitaria, a asociación Amadores da Música optou por facer o tradicional concerto da patroa este venres. A decisión está motivada polo feito de que, se tivese lugar o propio día 8, ían ser moi poucos os intérpretes que puidesen estar e o acto ía quedar un tanto deslucido. Convidamos á veciñanza de Ribadeo para que acuda a escoitar á nosa Banda hoxe venres, ás oito, no campo de fútbol do colexio Gregorio Sanz, e así contribuír á normalidade que todas e todos estamos desexando”.
A concelleira de Cultura salientou que “nos gusta moito anunciar que o día 8 van saír o Coco e a Coca facer o tradicional pasarrúas. Estarán acompañados dos cabezudos e cabezudas e dos grupos de música de Amigos da Gaita e Illa Pancha. A saída vai ser ás once e media dende a Oficina de Turismo”.
A responsable de Cultura no Concello de Ribadeo quixo “recordar ademais que na misa da patroa actuará, como ven sendo habitual, outro dos grandes piares da cultura ribadense, a Coral Polifónica de Ribadeo, que nos deleitará coas súas armónicas voces”.
Pilar Otero desexou que “o Covid non nos impida pasar un feliz día da patroa, na compaña de familiares e amigos, sen esquecer que temos que gardar as medidas para coidarnos e coidar dos demais. Se todos somos respectuosos e nos coidamos, e coidamos dos demais, todo sairá ben”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



