Burela, 9 de setembro, 2020. A Biblioteca Pública Municipal de Burela organiza para o vindeiro sábado, 19 de setembro, ás 11:00 horas un obradoiro creativo .
Está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 anos e os 12 anos. Será necesario inscribirse na Biblioteca Pública , xa que as prazas son limitadas. O prazo rematará o día 17 de setembro .
O obradoiro de cartón, terá lugar na aula de usos múltiples da Casa da Cultura de Burela. No obradoiro os asistentes construirán bonecos articulados que sirven de títeres ou xoguetes, partindo dunha tira de cartón cuns cortes nos lugares axeitados, as dobleces pertinentes e cinta de papel para fixalos obterase a base do boneco que posteriormente adornará e personalizará cada neno e nena como queira.
Esta actividade está dentro do programa de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas Bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Politicas Culturais , da Conselleria de Cultura e Turismo , a través da Rede de Bibliotecas Pùblicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Con esta actividade preténdese contribuír á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal. O desenvolvemento desta actividade de dinamización no ámbito da biblioteca reforza o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alenta a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



