Ribadeo, 22 de setembro de 2020. O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu o acto de benvida aos rapaces e rapazas que forman parte do obradoiro de emprego Vencellos de Memoria, que se desenvolverá ao longo dos vindeiros meses en Ribadeo e en Barreiros. O obradoiro comeza a súa andadura con 16 xoves menores de 30 anos, que estaban en situación de desemprego, con dúas monitoras e cun administrativo. As especialidades que se imparten son: produción fotográfica e operación de gravación e tratamento de datos e documentos. Ao acto de presentación asistiron os alcaldes de Ribadeo e Barreiros, Fernando Suárez e Ana Hermida, así como o concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo, Pablo Vizoso.
O edil dirixiuse aos alumnos do obradoiro dicindo: “quero darvos a benvida a todas e a todos en nome da Corporación Municipal de Ribadeo a este acto polo que bota a andar o obradoiro de emprego Vencellos da Memoria. Un obradoiro de emprego cofinanciado no 91% polo Fondo Social Europeo e pola iniciativa de emprego xuvenil e na porcentaxe restante pola Consellería de Emprego e Industria”.
Pablo Vizoso explicou que “é un obradoiro que presenta unha característica moi especial porque vai ser xestionado conxuntamente polos Concellos de Barreiros e de Ribadeo, o que supón un claro exemplo dos obxectivos que podemos acadar traballando conxuntamente concellos veciños e con obxectivos afíns. Tamén se trata dun obradoiro que persegue un fin principal, que é a xestión e a difusión do noso patrimonio documental, promovendo o uso das novas tecnoloxías e garantindo o seu acceso a toda a cidadanía”.
O concelleiro ribadense engadiu que “con estas bases creamos 19 postos de traballo durante un ano, 16 correspóndense cos postos do alumnado que se divide en dúas especialidades, por un lado produción fotográfica e por outra banda operacións de gravación e de tratamento de datos e de documentos. Todos os participantes teñen menos de 30 anos e estaban en situación de desemprego, e ademais todos superaron un proceso de selección totalmente obxectivo e sen influencias externas. Ata completar os 19 postos de traballo, son persoal de monitorado e administración”.
Vizoso Galdo subliñou que “como todo obradoiro de emprego, tamén neste se plantexan a consecución de determinados obxectivos. O primeiro, quizais o máis importante, que os alumnos adquiran a formación e as destrezas profesionais necesarias para poder acceder en mellores condicións ao mercado laboral unha vez remate o período do obradoiro. E un segundo obxectivo, no tocante a Barreiros, sería a adaptación do arquivo e a organización dos seus fondos mediante as novas tecnoloxías, e no que corresponde a Ribadeo, partindo xa da experiencia de ter xestionado outros obradoiros en exercicios anteriores, o obxectivo sería difundir os nosos fondos municipais servíndonos precisamente deses traballos de dixitalización realizados previamente nos últimos anos”.
O edil declarou que “como axuda, para cumprir este obxectivo de difusión á cidadanía e de posta en valor dos nosos arquivos, poñeremos tamén en marcha unha serie de actividades, algunhas de carácter máis tradicional como exposicións, xornadas de portas abertas, visitas de centros escolares ou de asociacións, evidentemente sempre que a situación sanitaria nolo permita e resulte recomendable, e outra serie de actividades máis vencelladas ás novas tecnoloxías como o uso de ferramentas dixitais, a creación de apps ou o emprego das redes sociais para difundir todo este contido almacenado nos nosos arquivos”.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



