Burela, a 23 de setembro de 2020. O Grupo Municipal Popular vén de presentar unha moción a debater no vindeiro pleno ordinario que celebre a Corporación burelesa na que se propón a elaboración do V Plan de Igualdade entre mulleres e homes do Concello de Burela, que tería efectos entre 2021 e 2023, e tamén a elaboración da memoria avaliativa do plan anterior, o cuarto, que o goberno do PP deixara elaborado e aprobado na primavera de 2015, e con vigor ata 2017.
A concelleira popular, Ana Álvarez, considera que “Burela ten que ter un plan ou estratexia no que se definan os obxectivos a acadar en materia de igualdade, as actuacións e actividades a levar a cabo, e ferramentas de avaliación do que se consegue. O último plan deixouno elaborado e aprobado por unanimidade o PP en 2015, pero non se executou porque a día de hoxe non se coñece a avaliación do mesmo, e iso que o Grupo Municipal do mandato anterior solicitou en varias ocasións, en 2018, tal avaliación”, afirma.
Álvarez indica que o municipio conta con Centro de Información á Muller dende 1997, e que o mesmo atende tamén mulleres doutros concellos. Por iso, “e porque a situación socioeconómica que estamos a vivir, e que se agravará, pode afondar máis na desigualdade entre mulleres e homes, é preciso fixar unha estratexia e non limitarse a facer actividades illadas sen ningunha conexión entre as mesmas”, apunta.
A edil popular agarda que “ao alcalde e ao seu grupo lles dea un ataque de honradez, e tenten recuperar o tempo perdido. E ao BNG pedímoslles que sexan consecuentes co que din e que non atenda a prexuízos ideolóxicos ou de partido, e apoien a nosa proposta, polo ben da veciñanza de Burela”, sinala.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.