Viveiro, 24 de setembro de 2020. Gobernar é executar non só as iniciativas propias do goberno, senón tamén levar á práctica as decisións que son froito do acordo por maioría ou unanimidade a proposta dos grupos políticos da oposición. No Concello de Viveiro, segundo sinalan os concelleiros do grupo municipal popular, hai numerosos acordos plenarios adoptados polos grupos da oposición desde o principio do actual mandato e que seguen sen executar. Os populares instan á alcaldesa, María Loureiro, a facer o elemental exercicio democrático que é dar cumprimento aos acordos plenarios, incluso cando son froito de propostas da oposición. É –di o portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez,- “unha obriga política, pero tamén legal, ética e incluso estética. Basta xa de desculpas de mal pagador e cumpran vostedes, señora Loureiro, coas súas obrigas e executen as mocións aprobadas”.
O portavoz popular sinala que o goberno municipal de
Viveiro, e de maneira moi sinalada a alcaldesa, María Loureiro (PSOE), ten demostrada unha inusitada capacidade para esquecer a súa obriga de executar os acordos corporativos adoptados a raíz de propostas da oposición. “Está claro que algúns destes acordos non son do gusto da alcaldesa, pero iso non ten que ser impedimento para que adopte as medidas oportunas para que se leven a cabo. Algún pode ser máis difícil de executar que outros, e pódese entender que leve máis tempo, pero o problema é que non se deron os pasos necesarios en ningún caso”.
Rodríguez recorda que na sesión plenaria do pasado martes foi aprobada unha proposta dos grupos da oposición para que sexan executadas as mocións aprobadas desde o inicio do mandato. Rodríguez di: “Nesa mesma sesión saíu adiante, co apoio dos concelleiro do goberno local, a nosa proposta para iniciar conversas para conseguir a cesión ao Concello do convento de Valdeflores. E eu pregúntome: o goberno local fará algo para cumprir esta moción que apoiou, ou tampouco fará nada?”.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).