Ribadeo, 2 de outubro de 2020. O Concello saca a licitación as obras de rehabilitación e reforma interior da praza de abastos, que suporán un investimento de preto de 60.000 euros (Ive incluído). O proxecto é financiado con fondos propios e cunha achega xestionada ante o Agader. As empresas interesadas dispoñen de 20 días para presentar as súas ofertas.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “as obras resolverán tanto as necesidades de funcionamento fundamentais para o desenvolvemento da actividade como os aspectos formais para adaptarse á normativa e permitir unha maior comodidade e confort tanto aos praceiros e praceiras como á clientela en xeral”.
O edil ribadense subliñou que “o que se pretende é modernizar a imaxe da planta baixa da praza co obxecto de consolidar este espazo como referente na venda de produtos frescos e de calidade así como atraer máis clientes. Búscase facer da praza un espazo máis moderno e luminoso. Parte dos traballos que se van acometer están enfocados á mellora da eficiencia dos recursos enerxéticos e á mellora das condicións de accesibilidade, tamén dos aseos e dos servizos comunitarios deste edificio”.
Vizoso Galdo engadiu que “vaise renovar o pavimento, así coma os aseos para adecualos á normativa de accesibilidade; cambiarase a iluminación interior colocando novas luminarias LED; mellorarase a rede de saneamento e tamén a sinalización interior, de forma que permita identificar os establecementos existentes, a súa ubicación e outros servizos e información complementaria da praza”.
O prazo de execución das obras que se acometerán na praza de abastos será de 2 meses.
O concelleiro de Desenvolvemento Local indicou que “o prazo para presentar ofertas de acordo con esta licitación é de 20 días a contar desde o 1 de outubro. Toda a documentación está a disposición dos interesados na plataforma de contratos do Estado. A obra realizarase integramente no ano 2021, iniciarase no mes de xaneiro, despois das datas propias do Nadal, tamén de acordo cos praceir@s para reducir os perxuizos económicos e doutro tipo nos próximos meses e propios deste tipo de obras”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



