Foz, 3 de outubro de 2020. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, anunciou en Foz, unha batería de incoativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijóo que recoñeza a ruta xacobea Camiño do Mar, e que sexa incluída na promoción do Xacobeo 2021. Fíxoo acompañada dos alcaldes e representantes da Comarca polas que discorre este trazado, así como do Presidente da Asociación que impulsou este traxecto, Amigos do Camiño do Mar, e que presidide Manuel Vicente.
Otero reivindicou dende a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, punto de encontro desta Ruta, unha maior implicación da Xunta na promoción e na proxección deste trazado. “Este novo recoñecemento, que discorre polas vilas lucenses de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo, contribuirá de xeito decisivo a impulsar o turismo nesta Comarca, que estivo tan afectada trala pandemia do COVID”, remarcou. Hai que lembrar que esta traxecto continua na provincia da Coruña, vía Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño e Narón ata Neda.
A Deputada Autonómica tamén sinalou que esta mesma semana, o Pleno da Deputación de Lugo, acordou por unanimidade de todos os grupos políticos, esta mesmo recoñecemento. “O turismo é un dos motores fundamentais desta comarca, por iso é necesario traballar conxuntamente dende todas as administracións públicas, para acadar este recoñecemento”, remarcou.
Nesa liña tamén lembrou “que fai máis dunha década, o 8 de abril de 2010, aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, na que xa se lle reclamaba ao Goberno da Xunta de Galicia oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea. Tamén a Deputación de Lugo aprobou unha proposta por unanimidade o 26 de xullo de 2011, na que se lle solicitaba á Xunta que recoñecese como rutas xacobeas oficiais a do Camiño do Mar, na Mariña lucense, e o Camiño de Inverno, que pasa pola Ribeira Sacra”. “Dez anos despois, seguimos no mesmo punto, non se fixo nada”, dixo.
Otero tamén puxo en valor “o traballo de divulgación que se impulsou dende o tecido asociativo da provincia lucense e tamén da Comarca, para recoñecer este trazado. Todos traballaron para seguir poñendo en valor a ruta do Mar. Un exemplo deste compromiso é a Asociación Amigos do Camiño do Mar, que preside Manuel Vicente, que tamén nos quixo acompañar neste acto, e que amosa o claro compromiso do Grupo Socialista con esta petición”.
Pola súa banda o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, afirmou que “todos os concellos polos que transcorre esta ruta na Mariña Lucense levan reclamando dende fai anos, este novo trazado. Todos estamos traballando nesa dirección. Pero agora é máis urxente que nunca, por mor do espacial impacto da Covid-19 na Mariña, xa que precisamos unha recuperación económica de todos os sectores produtivos, especialmente do turismo”, resumiu.
San Martiño de Mondoñedo
Nesta xuntanza, na Basilica de San Martiño de Mondoñedo, acompañaron a Patricia Otero, os alcaldes de Foz; Francisco Cajoto; o concelleiro de Turismo Foz, Chema Linares; o tenente de Alcalde de Viveiro, Jesús Díaz; o Tentente de Alcalde de Burela, Ramiro Fernández, a Tenente de Alcalde de Barreiros, María del Carmen Veiga; e a voceira socialista de Ribadeo, Marta Rey, ademais de Manuel Vicente.


























As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



