Barreiros, 3 de outubro de 2020. O Concello de Barreiros fixo entrega de dúas ducias de composteiros individuais facilitados pola Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) ás veciñas e veciños que así o solicitaron a inicio de ano.
A entrega tivo lugar nun acto ao que foron convocadas as persoas interesadas exclusivamente, a fin de garantir as medidas de seguridade sanitaria derivadas da COVID-19, no que se deron tamén nocións básicas sobre tratamento de residuos, reciclaxe e compostaxe. Nese mesmo acto, entregouse a todas as persoas que solicitaron composteiros individuais un manual de compostaxe doméstica para facilitar a elaboración do compost doméstico.
Desde o Concello de Barreiros explican que retoman a campaña de sensibilización da poboación con este acto e que a intención do goberno municipal é desenvolver outras actuacións adecuadas á actual situación.
Entre as actividades que estaban previstas no seu momento e que deberán ser adaptadas á situación actual, encardinábanse proxectos para escolares e outros colectivos co fin de tratar de mellorar as cifras de reciclaxe e xeración de residuos que ata este momento ten o concello barreirense.
O Concello porá tamén en marcha un programa piloto de compostaxe comunitaria.
Dentro do traballo de concienciación medioambiental, o Concello de Barreiros logrou o finanzamento da área de medio rural da Deputación de Lugo para poñer en marcha un proxecto piloto de compostaxe comunitaria que se executará nos vindeiros meses e co que se pretende avaliar a posibilidade de instalar un proxecto máis amplo de compostaxe comunitaria que poida dar cabida aos residuos orgánicos que se producen actualmente, reducindo deste xeito o contido do colector de fracción resto e mellorando así o custo do servizo de recollida e tratamento de residuos.


























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



