Lugo, 6 de outubro de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos dous convenios de colaboración que teñen como obxectivo mellorar as infraestruturas no concello de Alfoz por un total de máis de 130.000€.
Por un lado, o mandatario provincial asinou un convenio co Alcalde de Alfoz, Jorge Val, para axudar a financiar a construción dunha nova nave de almacén de maquinaria municipal cunha achega provincial de 115.300€ e 4.435€ da achega municipal. Esta nave instalarase na Granda de San Pedro, xunto á piscina municipal, o colexio e a casa consistorial. “Na actualidade este municipio non conta cunhas instalacións que permitan gardar a maquinaria en boas condicións para protexelas da intemperie e evitar posibles roubos, que xa se teñen producido”, subliña Tomé Roca.
Construirase unha nave de 350 m2, completamente diáfana que dará cabida a 2 tractores desbrozadora, 1 motobomba, 1 pala mixta, 1 camión grúa pequeno e 1 vehículo todoterreo.
Por outro lado, Tomé Roca tamén asinou este martes un convenio de colaboración co presidente da asociación de veciños San Sebastián de Carballido de Alfoz, Jesús Paz Pumares, coa finalidade de axudar a mellorar o local social do colectivo. Esta axuda ascende a 16.645€ para reparar a cuberta e as escaleiras que comunican a planta baixa co primeiro andar.
“Esta colaboración dá mostra do pegada que está a Deputación aos concellos e tamén ao tecido asociativo de moi diversa índole. Neste caso, trátase dunha asociación de veciños dunha parroquia pequena de Alfoz, pero que está moi pegada á veciñanza e que se mantén activa. Cónstame que moitas das persoas que forman parte do colectivo son xente nova, que son o futuro da provincia, e as institucións deben estar do lado destas persoas que se involucran con impulsar o rural e recuperar accións e festas que fagan comunidade”.




















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



