CERVO .- As novas normas urbanísticas de Lieiro entrarán en vigor a vindeira semana trala súa aprobación definitiva en pleno, segúndo anuncian desde o goberno municipal de Cervo. A corporación terá que aprobar esta nova regulamentación sen o informe final da Deputación, aseguran.
Nota de Prensa
AS NOVAS NORMAS URBANÍSTICAS DE LIEIRO ENTRARÁN EN VIGOR A VINDEIRA SEMANA TRALA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA EN PLENO
* A corporación terá que aprobar esta nova regulamentación sen o informe final da Deputación, a pesares de que o Concello leva solicitándollo reiteradamente dende hai cinco meses
Cervo, 13 Maio de 2010.- A modificación das normas subsidiarias do planeamento urbanístico de Lieiro entrarán en vigor a vindeira semana, trala súa aprobación definitiva no pleno que ten previsto celebrar a corporación cervense.
Como xa se anunciou no momento no que deu comezo esta iniciativa, a devandita modificación pretende regular o asentamento poboacional de aproximadamente 28.000 metros cadrados que corresponden ao pobo de Lieiro e que están situados ao sur da vía de Feve, de tal xeito que a cualificación urbanística desta área pasará de solo urbanizable a solo de núcleo rural. “Con isto o que pretendemos é, por unha parte, posibilitar nesta zona a construción de vivendas unifamiliares que ata o momento non era posible, e por outra protexela da potencial transformación urbanística, xa que se trata dun núcleo de poboación perfectamente asentado e moi singularizado tanto pola tipoloxía tradicional das súas edificacións como pola pola súa vinculación coa explotación racional dos seus recursos naturais” indicou o rexedor Alfonso Villares.
O alcalde confía en que esta aprobación definitiva poda saír adiante co consenso de tódolos grupos políticos da corporación, aínda que puntualizou que o Pleno deberá adoptar este acordo sen posuír o informe final da Deputación Provincial ao Respecto. “Quero lembrar que aló polo mes de decembro do ano pasado, cando decidimos iniciar este expediente, o Concello solicitou informe a título informativo das distintas administracións e organismos con competencia na materia e nestes cinco meses recibimos as contestacións favorables de Urbanismo, Patrimonio e Feve; mentres que a Deputación é a única administración que aínda non nos ten remitido o seu informe definitivo a pesar de terllo pedido en máis de 30 ocasións” recalcou Villares.
Lentitude e inoperanca
O primeiro edil asegurou que a necesidade de facer este cambio de plantexamento das normas urbanísticas nesta zona non se pode dilatar máis no tempo “por culpa da inoperancia e da lentitude do organismo provincial á hora de adoptar definitivamente un acordo e remitírllo ao Concello. Por iso, temos previsto aprobar as normas sen este informe definitivo, aínda que si contamos co informe inicial dos técnicos da Deputación e pensamos que o trámite de aprobalo definitivamente en pleno por parte dos responsables do ente provincial non ten por que contravir a opinión plasmada de xeito inicial dos seus propios técnicos”.
Homenaxe
Por outra banda, no pleno da vindeira semana a corporación cervense ten previsto tamén formalizar a solicitude de patrocinio do Servizo Provincial de Costas para a construción dun monumento na honra do xa finado Don Purificación Cora Paradela, anterior editor do xornal El Progreso e persoa estreitamente ligada co pobo de San Ciprián, así coma toda a súa familia.
“Como xa é sabido, queremos ter un pequeno e humilde acto de agradecemento cara esta familia que en todo momento mostrou a súa colaboración desinteresada mediante a cesión no seu momento de terreos da súa propiedade para poder levar adiante obras coma o paseo da Ría de Lieiro, ou máis recentemente coa cesión por cinco anos dunha finca súa, onde se construirá de xeito artesanal unha réplica da goleta Paca Gómez” sinalou o rexedor.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



