Ribadeo, 12 de outubro de 2020. Acisa continuará a traballar na promoción de Ribadeo coma destino seguro. A asociación analizou o traballo realizado no que vai de ano e acordou as actividades que desenvolverá no último trimestre do ano, na última reunión da xunta directiva na que acordou unirse á petición para que se oficialice o Camiño do Mar.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, comentou que “un dos principais temas tratados pola directiva da patronal é a necesidade que temos, como asociación de comerciantes e hostaleiros, de implicarnos activamente na promoción do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo. Noutros Concellos estannos comendo terreo e temos que poñernos ao día. Somos moi conscientes do impacto económico que xera na economía local. Por elo estamos a traballar nun proxecto que xire en torno á ruta a Compostela. Con esta iniciativa promocionaremos Ribadeo como un lugar de parada e descanso obrigatorio para os peregrinos, ensinándolles qué ver e qué facer na vila para que despois de facer o Camiño volvan a Ribadeo”.
Acisa Ribadeo únese publicamente á reivindicación, que xa están facendo outros Concellos e colectivos da Mariña, para que se oficialice o Camiño do Mar.
O presidente da asociación sinala que “vivimos unha situación moi delicada, o turismo caeu e polo tanto a actividade económica. Non é conveniente ter parado este recurso do Camiño do Mar, que podería xerar moitos visitantes no Xacobeo 2021. Hai que ter en conta que Ribadeo tería así dúas rutas xacobeas, é dicir, poderíamos ter o dobre de visitas de peregrinos e o dobre de potenciais turistas que volverán a Ribadeo unha vez rematado o Camiño”.
Para o xerente de Acisa: “é hora que desde Ribadeo nos involucremos plenamente no Xacobeo e na promoción do Camiño, atendendo así ademais a unha petición de hai tempo dos socios, que algún xa esta a facer pola súa conta, como poden ser os participantes nas Xornadas do Camiño do Mar. Debemos ver que cada peregrino pode ser un embaixador da localidade, xa que se lle gusta cando fai a ruta quizais volva coa súa familia ou cos amigos”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez explicou que “nesa xuntanza tamén analizamos a situación actual da asociación. A día de hoxe superamos os 170 socios, tivemos 17 altas desde o 1 de xaneiro e temos que lamentar 6 baixas, cinco delas por peches previos a esta crise”.
Pérez, fixo un resumo do traballo realizado durante estes meses de pandemia: “puxemos en marcha a app, os materiais para o covid entregados gratuitamente aos socios, a marca Ribadeo Seguro, a promoción de Ribadeo desde que rematou o confinamento. Tamén creamos o Barrio Mariñeiro de Porcillán e da Vila Mariñeira de Rinlo, entre outras moitas accións. Mostra de todo este traballo e este esforzo, creo que poden ser as 17 altas que tivemos en Acisa e as cero baixas por outro motivo que non fose o peche dos negocios”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos lembrou que “están sendo meses moi difíciles. Temos que traballar neste trimestre máis que en todo o resto do ano e facer un bo Nadal para que ninguén se quede atrás”.
Pérez Prada anunciou que “dentro duns días presentaremos unha nova edición do Domingueo , ue virá con novidades. A finais de mes daremos a coñecer a plataforma de venda online, que si todo vai ben contará con 50 establecementos de inicio. Para novembro traballamos en diferentes iniciativas que nos axuden a dinamizar as compras ese mes, tradicionalmente baixo, e por suposto estamos xa pensando no Nadal que xunto coa Festa do Comercio, este ano presentará diversas novidades”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



