Santiago de Compostela, 20 de Outubro 2020. Despois que o PP pechase a posibilidade de que o Parlamento investigase as consecuencias da pandemia nas residencias, o BNG solicita ao Goberno de Feixóo que remita á Cámara toda a documentación correspondente aos 32 expedientes abertos a outras tantas residencias da terceira idade por supostas irregularidades na xestión do virus.
Así o demandou a viceportavoz, Olalla Rodil, en aras do necesario control parlamentario ante unha Xunta que non facilita datos desagregados e que está máis cómoda na opacidade que na transparencia na información sobre a COVID19. A moción que defendeu na súa intervención tamén propoñía ampliar os cribados que se están a levar a cabo, de tal xeito que non se limiten ás residencias senón que tamén inclúan aos centros de menores e a todo o persoal do Servizo de axuda no fogar (SAF).
“O persoal do SAF, cunhas condicións de traballo precarias, e tamén persoal sociosanitario, atende a persoas dependentes de alto risco nas súas casas e, por tanto, están expostas ao virus”, argumentou Rodil, e por iso “a proposta que defendemos inclúe medidas na prevención e na investigación para que a Xunta actúe con anticipación, con previsión e non agarde a tomar decisións cando os gromos están fóra de control”, salientou Rodil, ante un PP que anunciou o seu voto negativo a moción nacionalista.
En aras da transparencia, a deputada do BNG tamén demandou que a informaición chegue ao conxunto da cidadanía e ás familias das persoas usuarias que piden datos individualizadas de contaxios, probas realizadas e persoas falecidas nos centros onde residen os seus familiares. Igualmente, e para evitar os erros da primeira onda nas residencias de maiores, o Bloque insiste en que a Administración interveñan todos os centros da terceira idade.
“Non é de recibo que só se actúe cando nunha residencia hai 137 persoas contaxiadas como aconteceu na Residencia dos Gozos en Pereiro de Aguiar por citar un dos casos máis recentes, un centro que hoxe xa suma 160 contaxios”, alegou, “porque sabemos cales son as consecuencias de non actuar, de non anticiparse, porque estamos a falar de persoas extremadamente vulnerables ao virus”.
Por iso, recalcou, a Xunta ten que intervir todas as residencias privadas para garantir que se está a cumprir escrupulosamente os protocolos, que contan co persoal e o material necesario para atender as persoas usuarias. “Todo o vivido ten que levarnos a unha profunda reflexión sobre o modelo de coidados, sobre o conxunto dos servizos sociais, e tamén de residencias que requiren un profundo cambio de rumbo”, concluíu.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



