Burela, 21 de outubro de 2020.- O PP de Burela vén de denunciar que o PSOE aproba unha conta xeral totalmente irregular cunha nova colaboración do BNG. Este feito tivo lugar este martes no pleno extraordinario que tivo lugar no Concello de Burela.
Dende o PP afirman que “o informe de intervención é demoledor, a conta xeral está chea de presuntas ilegalidades consentidas polo Sr. Llano no referente a gastos de persoal, gastos de bens correntes e de servizos, fraccionamento de gastos para que pasen a ser contratos menores cando no seu conxunto superan a contía máxima permitida para este fin”.
Os populares insisten: “O Sr. Jose Díaz ten un presunto corralito montado co alcalde, xa que no mencionado informe aportado pola interventora municipal se veñen reparando gastos de espectáculos e actividades culturais que teñen lugar de xeito habitual na nosa vila así como dos ingresos obtidos da venta de entradas. Por parte da Intervención do Concello de Burela non se ten ningún tipo de coñecemento sobre tales ingresos, nin se exerce ningún tipo de control e fiscalización sobre a súa xestión”.
A formación popular indica que “tamén foron reparados por Intervención gastos que correspondían a actividades desenvolvidas por asociacións, polo tanto, trataríase dunha axuda en especie; e como tal, debería ser outorgada con arranxo ao previsto na Lei Xeral de Subvencións e Normativa Concordante”. E seguen, “ademais foron reparados de forma sistemática gastos derivados do funcionamento da escola de música polos motivos que constan, entre outros, no informe conxunto de secretaría e intervención de data 29/01/2020”.
“Imos pedir toda a documentación relativa a esta conta xeral e imos estudar con detemento as accións que imos a levar a cabo porque, o que denuncia este informe público, elaborado por un alto funcionario do Concello de Burela é gravísimo, non podemos entender como o Bng do Sr. Pillado pode aprobar este tipo de actitudes claramente irregulares, salvo polo feito de que formen parte do goberno paralelo do Sr. Llano”, afirman.
Unha nova irregularidade cometida polo Sr. Llano no transcurso do pleno
Por outra banda o rexedor local deu novas mostras da súa verdadeira faciana. Nesta ocasión, subliñan, “cunha actitude totalmente déspota, impediu que, nun dos puntos da orde do día, o voceiro popular argumentara o sentido do voto do Grupo Municipal, algo totalmente irregular”.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



