Viveiro, 27 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro restableceu a actividade do mercado quincenal sito na circunvalación o pasado 1 de outubro mediante un sistema de quendas, polo que a metade dos postos asistirían o día 1 de cada mes e a outra metade, o terceiro domingo.
Por parte deste concello, atendendo ás peticións realizadas dende o colectivo de vendedores ambulantes que veñen exercendo a súa actividade neste mercado, decidiuse modificar este sistema establecendo quendas rotativas para que todos poidan acudir a este mercado en ambas datas, segundo lles corresponda en cada mes, de xeito que se poidan seguir mantendo as medidas de seguridade e que se poidan ir realizando rotacións.
Dende o concello lémbrase que tanto no mercado semanal como no mercado quincenal se deben cumprir as medidas e limitacións establecidas pola Xunta de Galicia en canto a distancias, aforos, etc.
Neste sentido, en canto ao mercado semanal, modificouse o seu emprazamento, buscando unha ubicación alternativa e céntrica que permitise a colocación de todos os postos gardando as distancias de seguridade, polo que se vén celebrando nos Xardíns Noriega Varela.
No caso do mercado quincenal, ao non ser posible a súa reubicación nun espazo céntrico de maiores dimensións, restableceuse a súa actividade mediante o sistema de quendas referido que, a partir de agora, será rotativo.
“Entendemos que os vendedores están pasando por momentos complicados. Pero nesta situación de crise sanitaria, temos que tomar todas as medidas establecidas polas autoridades sanitarias”, informa o concello.
Dende o Concello de Viveiro barallane todas as alternativas para manter ambos mercados. Mentres estas medidas sanitarias estean en vigor e mentres dure esta situación, “teremos que deixalo así, coas medidas de distancia esixidas e que, dende o concello, compartimos por que ante todo e o máis importante é a saúde dos nosos veciños e veciñas”.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.