Ribadeo, 28 de outubro de 2020. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia está a participar en cinco proxectos europeos de formación, dous de mobilidade e tres de innovación. Neste momento un grupo de profesores e de alumnos están a recibir formación en países como Italia, Croacia ou Portugal. O presidente de Apaga Álvaro Doural, subliña o apoio e recoñecemento que o Ministerio de Educación lle está a ofrecer á asociación. E fai unha chamada á poboación para que se conciencie da gravidade da pandemia do covid, que lle está a afectar a todos os sectores da sociedade, incluído o do ensino. O presidente de Apaga aludiu a países como Suecia ou Finlandia que non admiten a presenza de españois nestes proxectos formativos europeos.
Álvaro Doural sinalou que “estamos a participar en cinco proxectos europeos neste momento. A verdade é que estamos tendo un respaldo importante do Servizo Internacional do Ministerio de Educación, se nos está valorando o noso traballo e temos a carta de mobilidade de Formación Profesional, que soamente hai cen institucións a nivel do Estado que teñen esa acreditación”.
O presidente de Apaga explicou que “temos un proxecto de innovación sobre vehículos eléctricos. Aproveito para informar que temos un curso online de vehículos eléctricos, impartido por un enxeñeiro, que ten unha grande calidade. A xente que queira facelo pode poñerse en contacto con nosoutros a través do noso correo electrónico apagaribadeo@gmail.com. Penso que é un curso que todo o mundo que está no sector do automóbil debería facer xa”.
Doural seguiu a relatar que “neste momento temos xente en Italia, que está nunha situación moi boa na zona de Breschia, xente en Croacia que tamén está sen ningún tipo de problema e outra xente en Oporto tamén facendo a súa estadía formativa”.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia agarda “poder seguir avanzando, pero encontrámonos que neste momento, con todo isto que está pasando no noso país, temos o carteliño case de apestados. Hai países que non nos deixan xa entrar como é o caso de Suecia, Finlandia ou outros. Todo o que está pasando temos que darnos conta que está repercutindo en moita xente, entre eles a nós. Temos moitas accións paradas, moitas sen executar, entre que non se pode e que hai xente que ten medo a saír, aí estamos”.
Para Álvaro Doural “a situación é moi complexa para todo o mundo. Eu aproveito unha vez máis para pedir que a xente teña responsabilidade e actúe como están indicando as autoridades sanitarias, porque todos estes desmadres que está habendo nos están repercutindo a moita xente, non soamente á hostalería, senón tamén a outra xente. Entón sexamos serios e capaces de mirar polo país que ao final somos todos, as empresas e todo o mundo”.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



