Ribadeo, 29 de outubro de 2020. O Concello de Ribadeo demanda axuda á Deputación de Lugo para poder levar adiante o arranxo da estrada dos Garitos, que discorre paralela á vía de Feve, tras o silencio e a falta de apoio da Xunta de Galicia. O proxecto e os permisos correspondentes están listos. O investimento necesario é de 360.000 euros. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, e a deputada de Medio Rural, Mónica Freire, visitaron a estrada dos Garitos, acompañados dos concelleiros de Medio Rural e Desenvolvemento Local, Jesús Mundiña e Pablo Vizoso.
O rexedor ribadense declarou que “logo de constatar a mala e a perigosa situación deste vial dos Garitos, que dá saída a moitísimo tráfico pesado, especialmente de madeira das parroquias do interior do concello, e despois de ver como é fonte de dialéctica política nestes últimos anos, e que incluso o PP de Ribadeo se volveu un paladín da súa defensa chegando a asegurar nun pleno de febreiro deste ano que os cartos para amañar este vial habían chegar a cano libre ao Concello. E logo de que o pleno da Corporación de maneira unánime dos tres grupos municipais lles pedíramos á Xunta de Galicia o compromiso económico que demandan os seus compañeiros de partido aquí en Ribadeo, e llelo fixemos chegar en varias ocasións ao longo deste ano, finalmente, como noutras moitas cousas, pois nada, tivemos un silencio clamoroso ata o día de hoxe”.
O alcalde sinalou que “o certo é que o problema segue aí, polo que agora co proxecto xa redactado polos técnicos municipais, que ascende a nada máis e nada menos que 360.000 euros de custo, cos permisos tamén sobre o vial na nosa man, decidimos pedir auxilio económico á Área de Medio Rural da Deputación de Lugo para que atendan as nosas peticións que son, en definitiva, as peticións de todos os veciños e veciñas de Ribadeo. Aquí sen tanto aspavento, sen tanta hiperventilación e sen tanta demagoxia política, estou seguro que han cumprir”.
A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, dixo que “desde a Área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo entendemos a necesidade que ten o Concello de Ribadeo de amañar este vial, que ademais está a ser moi empregado polo tráfico pesado de transporte de madeira cortada do sector forestal, sobre todo das parroquias do interior, e que sae por esta rúa paralela á vía de Feve. Hoxe puidemos ver in situ a situación lamentable na que se atopa e evidentemente require de actuacións de mellora. Nós, desde a Área de Medio Rural que eu dirixo, e ante o incumprimento das promesas por parte da Xunta de Galicia, imos intentar dar solucións a esta necesidade que o Concello de Ribadeo nos transmite”.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



