Lugo, 11 de novembro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe as medidas extraordinarias de protección dos traballadores prexudicados pola pandemia que está a desenvolver o Executivo de Pedro Sánchez desde o comezo da crise sanitaria e que veñen de ser ampliadas nas últimas semanas. A subdelegada analizou hoxe coa directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal, Estefanía Pita, a aplicación na provincia das medidas extraordinarias postas en marcha este mes para axudar aos traballadores afectados pola crise económica causada pola pandemia.
A subdelegada informou de que o SEPE abonou o pasado mes de outubro na provincia 7.215.403 euros en prestacións por ERTEs a 13.643 lucenses. Esta cifra aumentará, previsiblemente, no mes de novembro, debido a que entre as novas restricións decididas pola Xunta para frear a expansión do coronavirus figura o peche dos establecementos de hostalería nos concellos de Lugo, Viveiro, Burela e Monforte.
Isabel Rodríguez destacou que o Goberno acaba de ampliar nos últimos días a protección aos traballadores, coa aprobación o pasado día 3, dun Real Decreto que contén as seguintes medidas:
Creación dun subsidio especial por desemprego para aquelas persoas que entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de xuño de 2020 viran extinguida as prestacións por desemprego contributiva, subsidios ordinarios por desemprego, subsidio extraordinario por desemprego, renda activa de inserción e non ter dereito a protección por outra vía.
O prazo para presentar a solicitude está aberto desde o día 5 e finaliza o 30 de novembro. É importante destacar que este prazo de solicitude é improrrogable, polo que calquera solicitude presentada fóra da devandita data será denegada.
Neste subsidio non será necesario cumprir o mes de espera dun mes nin acreditar a carencia de rendas nin a existencia de responsabilidades familiares. A duración será de tres meses e o importe é o 80% do IPREM, é dicir, 430, 27€ actualmente.
Ampliación do dereito para artistas en espectáculos públicos en desemprego con motivo do COVID-19 ata o 31 de Xaneiro de 2021.
Subsidio por desemprego excepcional para persoal técnico e auxiliar do sector da cultura. Serán beneficiarias deste subsidio por desemprego excepcional as persoas traballadoras que prestasen os seus servizos temporalmente por conta allea como persoal técnico ou auxiliar no sector da cultura para realización dun evento, unha obra ou espectáculo público, calquera que sexa o soporte de difusión, que cumpran os requisitos xerais, acrediten cotizar polo menos 35 días entre o 1 de Agosto de 2019 e o 4 de Novembro de 2020, días que non computasen para un dereito anterior e durante o que se traballou como persoal técnico ou auxiliar para empresas do sector da cultura incluídas nalgunha das actividades previstas nos CÓDIGOS CNAE 5912, 5915, 5916, 5920, ou entre o 9001 e o 9004.
A contía será, tamén neste caso, o 80% do IPREM mensual vixente, é dicir, 430, 27 €.
O prazo de solicitude abriuse o día 6 e rematará o 26 de novembro de 2020, ambos inclusive.
COMPROMISO DO PERSOAL DO SEPE
Isabel Rodríguez remarcou o compromiso e o valioso traballo que está a desenvolver desde que comezou a pandemia todo o persoal que ten o SEPE na provincia de Lugo, grazas ao cal o pago das prestacións está ao día, a pesar de que a pandemia motivou unha avalancha de expedientes que tiveron que tramitar en poucas semanas.
De acordo co informe que lle presentou a directora do SEPE á subdelegada, nas oficinas de Emprego dependentes do Goberno tramitáronse entre marzo e agosto deste ano prestacións a 126.346 lucenses por un importe de 81.015.994,57 euros. Nos mesmos meses de 2019 foran 63.035 o número de beneficiarios na provincia e o gasto total ascendeu a 32.374.180 eruos.
PECHE DA OFICINA DE BURELA
Isabel Rodríguez tamén foi informada de que desde hoxe está pechada temporalmente a oficina de emprego de Burela. O peche da oficina, que comparten o Servizo Público de Emprego Estatal e o Servizo Galego de Colocación, foi decidida pola Xunta en aplicación do protocolo COVID nas súas dependencias. O persoal do SEPE comunicou esta circunstancia a todas as persoas que tiñan cita concertada e mentres estea suspendida a atención presencial prestará o servizo aos cidadáns por vía telemática.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



