Burela, 14 de novembro, 2020. O gol laranxa brillou esta tarde no derbi galego cun Pescados Rubén Burela FS que recuperou a senda triunfal (6-3) despois de seis xornadas. Vista Alegre viviu unha primeira parte moi equilibrada nunha cita con fases moi diferentes. Tras a vantaxe local ao descanso con 2-0, os ferroláns foron a mellor, aínda que co empate 2-2 a escuadra de Juanma Marrube cobrou forza para aproveitar as súas ocasións e distanciarse.
Aos corenta segundos os mariñáns xa estrearon o luminoso nunha boa saída e unha perfecta conexión con Pitero de cabeza que culminou Renato. O meta naronés estivo moi atento ante Adri, de lonxe, e unha tentativa de despexe de Renato. Os burelistas puideron ampliar no 7 con dúas perigosas de Quintela, desartellada por Espíndola, e Matamoros, ao pau. Edu defendeu os intereses dos mariñáns; sobre o 12 volveu facer acto de presenza fronte a Adri e pouco despois resolveu sen problema ante Miguel e Isma; o meta mariñán tivo que aplicarse máis a fondo nos últimos minutos con chegadas máis incisivas, lideradas polo 10 ferrolán, con Thalles e Miguel tamén perigosos. Outra das Xoias, Pitero -como pichichi-, ratificou a eficia local a 12 segundos da bucina do descanso, cazando un balón na área parrula na pugna da defensa visitante con Lucho e Quintela.
Volveron os de Ferrol coas ideas máis claras para ofrecer unha mellor versión ante un Pescados Rubén máis acougado mandando no marcador. O ex dos laranxas Iago Rodríguez reduciu distancias no minuto 24. Espíndola e Adri aliáronse para bloquear a tentativa de Renato dous minutos despois. Non puido chegar Quintela ao pase de Pitero. No cara a cara de Iago Rodríguez e Edu saíu vitorioso o meta no minuto 28. Con todo, o empate non se fixo esperar; chegou o empate nas zapatillas doutro antigo burelista, Miguel, nunha contra de Isma. Lonxe de facer dano nas filas do Mariskal, coa igualada o conxunto local reaccionou dando un paso adiante, recobrando fortaleza. Tras a intervención baixo paus na neutralización de Iago Rodríguez e William, Javi Rodríguez puxo a firma á iniciativa laranxa nun golazo, no 33, tras saque de esquina de Álex Diz. Edu, desde o chan, volveu frear os parrulos e Quintela sacouna en busca do cuarto, sentenciada por Lucho, no 37. Héctor Souto apostou por xogo de cinco acto seguido, pero a recompensa quedou na casa. Renato non cesou na presión ante Isma, conseguiu arrebatar o esférico e subir o 5-2 coa portería baleira. Recta final de infarto. Isma, con Miguel moi atento ao segundo pau, reduciu co 5-3, pero hoxe o gol tiña brillo laranxa sen dúbida e Renato quixo demostralo co seu hattrick, a tan só 33 segundos, aproveitando o despexe de Espíndola ante o saque longo de Edu, para o definitivo 6-3.
Martes 10, xornada 9
Nova semana sen tregua. Mañá, os pupilos do Mariskal poñerán rumbo a terras murcianas para enfrontarse o martes a Elpozo (18.00 horas), na xornada 10.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Pitero, Javi Rodríguez, Renato, Giasson, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Matamoros, Quintela, Álex Diz, Eto’o, Nito
O Parrulo FS: Espíndola, Iago Rodríguez, Isma, Adri, Miguel, cinco inicial; tamén xogaron Kevin Chis, Diego Núñez, William, Ique, Thalles
Goles: 1-0, minuto 1, Renato; 2-0, minuto 20, Pitero; 2-1, minuto 24, Iago Rodríguez; 2-2, minuto 28, Miguel; 3-2, minuto 33, Javi Rodríguez; 4-2, minuto 37, Lucho; 5-2, minuto 38, Renato; 5-3, minuto 39, Isma, 6-3, minuto 40, Renato
Árbitros: Carreira Romero // Ferrero Carballal. Por Burela amarela a Matamoros (minuto 8), Pitero (minuto 9), Álex Diz (minuto 34). Por Ferrol amarela Espíndola (minuto 3), Isma (minuto 7), Ique (minuto 16)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Primeira División Masculina disputado en Vista Alegre, a porta pechada.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
