Lugo, 18 de novembro de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes do empresariado lucense, aos que informou do programa de axudas destinadas ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á crise sanitaria, que se poden solicitar dende mañá. Na reunión participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; o secretario da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería, Cheché Real, entre outros.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, axudas de concorrencia non competitiva que se atenderán por orde de entrada, dende o momento en que o solicitante achegue a documentación completa. Os beneficiarios recibirán nun pagamento único un apoio de 1.200 euros, que pode incrementarse ata os 2.000 euros nos sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas.
Son principalmente as relacionadas co ocio nocturno; actividades que se desenvolvan en atraccións de feiras, sen un establecemento aberto ao público, e que pertenzan ás CNAES que se detallan no DOG; taxistas; transporte marítimo de pasaxeiros; transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores; provisión de comidas preparadas para eventos; actividades de exhibición cinematográfica; axencias de viaxes; operadores turísticos; outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos; organización de convencións e feiras de mostras; artes escénicas; actividades auxiliares ás artes escénicas; xestión de salas de espectáculos; actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos; e outras actividades recreativas e de entretemento.
Así mesmo, o próximo venres está previsto convocar a nova liña dotada con 10 millóns de euros para facilitar préstamos directos aos autónomos, microempresas e pemes que teñen máis problemas de liquidez e máis dificultades no acceso ao crédito privado durante a covid-19.
Arias avanzou a súa intención de continuar mantendo xuntanzas con representantes dos distintos sectores económicos da provincia, nas que dar conta dos programas que convoca o Goberno galego para axudar ao tecido produtivo a superar a situación derivada da pandemia.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA DELEGACIÓN TERRITORIAL


















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



