
Foto de arquivo
Muras, 22 de novembro de 2020. Celebrada o pasado sábado 14 de novembro en O Viveiró, a cata foi o mellor escaparate para fomentar a calidade do mel dos apicultures murenses, representantes do inmenso potencial dos produtos dunha zona con condicións especiais.
Os seis catadores que asistiron -Antonio Díaz, José Luis Cuba, Julio Trigo, Cristina Pérez Pico, Elena López e Cristina Martínez-, destacan que a calidade dos meles deste ano “foi moito mellor que en edicións anteriores” todos meles distintos entre sí e con matices tanto nos monoflorais como multiflorais. “Estase decantando e filtrando moito mellor” polo que este 2020, malia as súas especiais circunstancias, pode marcarse como un fito na mellora da produción local e no camiño á profesionalización dos produtores da zona, unha trintena deles membros da Casa do Mel Goente As Pontes.
Dende esta casa do Mel felicítanse de que “cada ano haxa maior participación e máis xente na cata”, mentres lembran que na mellora desta calidade tamén inflúe a formación que reciben os apicultores, “estamos moi contentos do mel que tivemos. Pero agora hai que darlle un xiro máis para seguir avanzando e diferenciarse”, afirman. O obxectivo, ademais, é conseguir que o mel non sexa só un complemento á renda do produtor senon a fonte principal de ingresos.
Tamén dendo o concello de Muras están moi satisfeitos do acadado, xa que conseguiron manter a cata malia ter que cancelar a Feira do Mel por motivos sanitarios. O tenente de alcalde e Concelleiro de Medio Rural, Mario Rouco, explica que a cata fíxose igualmente “porque o mundo segue malia a Covid19, as abellas seguen a facer mel”. Ademais é un “recoñecemento ao traballo dos apicultores que seguiron traballando”. “Este é o camiño a seguir”, continúa Mario Rouco, “e agora queda a difusión e o diferenciármonos co noso mellor mel. Parabéns a todas e todos polo acadado e porque nestes tempos o mundo do mel siga adiante”.
O gañador co Mellor Mel Monofloral foi José Antonio Permuy cun mel colleitado en Ambosores (Muras) e a finalista co seu Mel Monofloral de Breixo foi Gemma Pena Rodríguez, por un mel colleito en Muras. Se ben a entrega dos premios estaba prevista facela o venres 20, foi adiada pola situación sanitaria, pero os apicultores poden recoller as analíticas das súas mostras no concello ou ben chamar para que se lles envíe “e evitar desprazamentos innecesarios”, explica o concelleiro de Medio Rural. A entrega destes merecidos recoñecementos farase en canto a situación causada polas restriccións o permita.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



