Lugo, 22 de novembro de 2020. A presidenta provincial, Elena Candia; o vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano; o voceiro do PP en Lugo, Ramón Carballo; e o senador, José Manuel Barreiro; acompañados doutros cargos institucionais e orgánicos do Partido secundaron esta mañá activamente a manifestación con vehículos polo dereito a elixir a educación que queremos, opoñéndose así á coñecida Lei Celaá que pretende implantar o Goberno de Pedro Sánchez.
Os populares consideran un que se trata dunha normativa que ataca directamente á comunidade educativa, pois miles de familias verán cortados os seus dereitos á hora de escoller o sistema educativo que desexan; rexeita o pluralismo ao apostar só polo ensino único e polo modelo único; non favorece a educación inclusiva; permite ás administracións decidir a que colexio van a ir os rapaces e supón un prexuízo con certas asignaturas. É o caso da de Relixión, da que máis de tres millóns de alumnos optan voluntariamente por esta materia; “o que supón un verdadeira demanda social”, engade Elena Candia.
Por este motivo, a máxima mandataria dos populares da provincia sinala que “quixemos estar cos pais e nais e con todos os profesionais que traballan na educación concertada. Este Goberno recorta os seus dereitos e isto non se pode permitir. Que saiba o Executivo de Pedro Sánchez e de Pablo Iglesias que nos teñen e nos terán en contra”.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



