Hai uns días saltaba a nova de que unha carta asinada por 73 mandos retirados do exército dirixían unha carta ó Rei e contra o goberno, mentres (sóubose despois) nun grupo de Whatsapp un exaltado propoñía fusilar a 26 000 000 de españois ‘fillos de puta’. Dende aquela, cun certo retardo no comezo, téñense escoitado diversas reaccións, e mesmo clamorosas non reaccións.
Para min, tamén tivo impacto a noticia, e algo diso é o que vou tentar expresar a continuación.
Para comezar, a cifra de 26 000 000, que non sei de onde sae, dáme unha satisfacción: seríamos -inclúome- maioría. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o 55 % dos españois. É dicir, mesmo a parte máis reaccionaria (hai outros cualificativos que quizais lle viñeran mellor, pero con este entendémonos ben) do espectro político está a recoñecer que somos unha maioría que temos claras e incorporadas ideas como a democracia ou a pluralidade, entre outras. Que haxa un amplo espectro de versións dentro desas ideas non lle preocupa a quen propón a acción, que ve eses millóns como un conxunto, e non debera tampouco preocupar ós depositarios delas, que nos deberamos de ver como tal conxunto, por heteroxéno que semelle.
Unha segunda consideración é sobre esa maioría. Se somos maioría ampla (55% fronte a un máximo de 45%), por que non se manifesta esa maioría como resultado nas urnas? E como resultado no poder? A primeira destas dúas preguntas coido que admite unha serie de respostas parciais no sentido de que cada unha axudaría a explicar o total, pero non podería nin moito menos explicalo por si soa. Respostas que incluirían cousas como a maior división das unidades políticas -partidos, pero non só- desa maioría, o maior desencanto da xente en relación ós seus representantes, que polo tanto absteríase máis, ou un bombardeo mediático do que o menos que se pode dicir é que é pouco clarificador.
En canto ó cualificativo ‘fillos de puta’, coido que está en fase de cambio de significado e valoración. Non como extensión insultante, senón como emblema: a estas alturas levo vistos xa en varios perfís nas redes sociais indicar cousas como ‘eu tamén son un fillo de puta’. Ou sexa, o exabrupto actuou como unha dignificación da expresión ‘fillo de puta’. É o que ten cando se bota a pacer a lingua sen pensar, que o dito cobra vida independente e mesmo pode volverse en contra cunha potencia superior a aquela coa que foi lanzado.
Pero coido que o máis fastidiado é o por que chegamos a estas situación. E tampouco hai unha explicación única, senón varias que se reforzan mutuamente. Dende unha transición incompleta á invariancia no mando dalgúns grupos de persoas ó longo do tempo, pasando pola interferencia de poderes fácticos nos procesos democráticos, son algunhas desas explicacións que teñen a súa expresión en métodos que foron permitidos -ás veces mesmo alentados- polos nosos representantes ó longo do tempo.


















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



