Foz, 17 de decembro de 2020. Hoxe, e tras varios meses de traballo, fixemos a presentación oficial da nova Plataforma Online «Mares de Cultura os Nenos e o Mar».
A presentación oficial da plataforma online da campaña “Mares de Cultura, os nenos e o mar 2020-2021” tivo lugar no CENIMA de Foz. Neste acto, o presidente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de A Mariña-Ortegal, Javier Martinez Otero, a técnico do GALP de A Mariña-Ortegal Verónica Díaz Guerreiro, o alcalde de Foz Fran Cajoto e o xerente de Maremasma, Carlos Gil, presentaron o proxecto aos medios de comunicación. Tamén estiveron presentes outras entidades colaboradoras, a técnico de medioambiente do Concello de Foz, Vanesa Iglesias; a xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz (CCA/ACIA de Foz) Ana Segade; así como as coordinadoras do proxecto Lucía Pedrouzo e Ana de Lara. Na presentación mostramos ademais a plataforma online do proxecto co novidoso sistema de educación interactiva.
A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2020”, promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, preséntase nesta sexta edición como unha ferramenta interactiva online de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dunha serie de materiais dixitais con vídeos, ilustracións e imaxes. O programa adáptase a situación de incertidume ocasionada pola crise do Covid19 e cambia o seu enfoque cara unha plataforma de contidos online. O principal obxectivo é a realización dunha serie de actividades e dinámicas dixitais orientadas a estudantes de primaria e secundaria para dar a coñecer o entorno litoral de A Mariña-Ortegal e para descubrir os recursos naturais e as problemáticas do medio ambiente mariño. Tamén poñer en valor as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal e a cultura mariñeira. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respecto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar.
Os contidos divídense en 4 Unidades Didácticas, 4 específicas de primaria e 4 de secundaria. Cada unha delas elabórase de acordo coa adaptación curricular da normativa vixente en relación á lei da LOMCE da Xunta de Galicia. Cada unha das Unidades Didácticas englóbase en varios bloques descritos no currículum educativo de diferentes materias. Ademáis cada tema está adecuado ao nivel educativo e é unha ferramenta inclusiva, adaptando o vocabulario ás aptitudes e destrezas de cada nivel e ao grado cognitivo de cada alumno.
O proxecto xira sobre a creación de diversas ferramentas interactivas online de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dunha serie de materiais dixitais. Estes contidos están dispoñibles na páxina web da campaña a través do acceso directo á “Plataforma online” (http://plataformaonline.maresdecultura.es/).
Dentro do proxecto elaborouse ademáis as guías do profesorado,ferramenta imprescindible para o seguimento da materia por parte dos docentes. Neste documento o profesorado pode consultar a adaptación curricular da materia para incluir a plataforma na súa docencia. Na guía, ademais dunha introducción e dos obxectivos de cada Unidade Didáctica, inclúense cada unha das páxinas dos temas tratados na plataforma online. Apórtanse datos interesantes relacionados co tema a tratar, que enriquecen a información presente na plataforma e amplian o coñecemento do profesor con respecto á materia. Nestes documentos, a disposición do profesorado, inclúense propostas de actividades para realizar co alumnado na natureza, na aula ou experimentos no laboratorio. Mediante estas iniciativas preténdese concienciar e facilitar o aprendizaxe dunha maneira divertida.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



