Ribadeo, 28 de decembro de 2020. Ribadeo, 28 de decembro de 2020. Confirmados 8 novos positivos por covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. En total son 14 as persoas afectadas polo gromo detectado a pasada semana, 13 usuarios que foron trasladados á residencia do Cegadi en Santiago e unha relixiosa que segue en estrito confinamento en Ribadeo.
O rexedor contou que “este sábado pasado, despois de detectarse novos casos de positivos en Covid19, as autoridades sanitarias fixeron un novo cribado xeral. Os resultados recibidos indican que hai 8 novos casos de positivos confirmados. Trátase de persoas residentes. En canto aos do persoal traballador, todos eles deron negativo. Polo tanto, e aplicando o criterio dos días anteriores, a totalidade dos residentes diagnosticados como positivos xa foron trasladados á Residencia do Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) que a Xunta de Galicia ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela, onde tamén se encontran as persoas que xa deron positivo nos días anteriores, facendo un total de 13 persoas alí desprazadas. A esta cifra débeselle sumar a da relixiosa que se mantén en estrito confinamento”.
Suárez Barcia dixo: “segundo nos confirman nas últimas horas os responsables do Cegadi, todas as persoas manteñen uns niveis leves de sintomatoloxía. Esta residencia habilitada posúe as características de residencia de maiores co engadido de que dispón de funcionalidades hospitalarias, que o resto de residencias non teñen. Estas mesmas autoridades, tanto as sanitarias do Hospital da Costa como as de Política Social do Cegadi, indican que esta situación actual deriva dunha previa que vai desencadeando un gromo, por canto unha grande parte dos afectados son compañeiros de cuarto de persoas previamente contaxiadas”.
O alcalde seguiu a relatar que “tamén nos indican os responsables sanitarios do Hospital da Costa que de cara a mediados de semana farase un novo cribado xeral para comprobar se o gromo se estabiliza ou se pola contra hai novos contaxiados, sen prexuízo de que se poidan realizar novos test de antíxenos de xeito inmediato se algún outro residente mostra síntomas de contaxio antes dese cribado”.
Fernando Suárez fixo unha valoración positiva das medidas adoptadas: “valórase polo tanto como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos Protocolos e Planes de Continxencia por parte da dirección do centro e do seu persoal, así como a actitude dos residentes á hora de enfocar esta crise sanitaria. Igualmente se valora moi positivamente a actuación coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Costa e das do Centro Galego de Desenvolvemento Integral por ir desprazando a Santiago a estas persoas afectadas, logrando así dous obxectivos estratéxicos neste momento: o primeiro é que os afectados estean nas mellores condicións de atención residencial e hospitalaria posible. E o segundo é que o Hospital Asilo de Ribadeo vexa diminuído de xeito moi importante o risco de transmisión vírica para o resto de usuarios, que viñeron dando negativo en todo este tempo e que actualmente suman 24 persoas”.
O rexedor engadiu: “como sempre indicamos, manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos teñamos que enfrontar, coa confianza de que en poucos días estaremos no pico de madurez deste gromo que se iniciou a principios da semana pasada. Farémolo a medida que vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza necesaria que evite rumoroloxías ou situacións de confusión”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



