Lugo, 28 de decembro de 2020. A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación facilitou ata o de agora préstamos por importe de 5,2 millóns de euros para un centenar de pemes, microempresas e autónomos da Mariña ao abeiro do programa para dotar de liquidez aos empresarios cuxas actividades se atopen afectadas polo brote de Covid-19.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) continúa avaliando as solicitudes recibidas ao abeiro desta convocatoria -xa pechada-, posta en marcha en colaboración coas sociedades de garantía recíproca (SGRs) e as entidades financeiras co obxectivo de mobilizar, no seu conxunto, 300 millóns de euros en toda Galicia.
En concreto, na comarca mariñá xa se comprometeron axudas para 99 solicitantes, que facilitan préstamos por importe de 5.266.238 euros. O importe do préstamo que se avala oscila entre os 3.000 euros e os 200.000 euros, e o Igape subvenciona o 100% dos xuros. Entre os beneficiarios destacan negocios dedicados ao sector da hostalería e o comercio, pero tamén relacionados coa construción, o transporte, academias de ensino e outros servizos.
Arias lembrou que esta é unha das liñas activadas polo Goberno galego para reactivar a economía e atenuar o impacto da pandemia sanitaria, creada especificamente para que os pequenos empresarios poidan enfrontar as tensións de liquidez causadas por factores como a caída das vendas, interrupción da actividade, menor demanda, falta de subministracións ou rescisión de contratos.
O obxectivo é, por unha banda, conseguir que os autónomos e as pequenas e medianas empresas accedan ao crédito nunhas condicións preferentes que lles permitan atender as súas necesidades máis inmediatas -como o pagamento de salarios, de facturas, alugamentos ou impostos- e, por outra, mobilizar os avais para a cobertura das operacións concedidas polas entidades financeiras e conceder reavais ás sociedades de garantía recíproca que as avalan.
Préstamos directos
O delegado territorial comunicou que ata o 31 de decembro está aberto o prazo para solicitar unha nova liña de préstamos directos do Igape, dotada con 10 millóns de euros, dirixida aos autónomos, microempresas e pemes con máis dificultades para acceder ao crédito privado debido á súa especial vulnerabilidade na situación xerada pola pandemia.
A nova liña de financiamento achegará créditos de entre 3000 e 500.000 euros por negocio, con xuros baixos e próximos ao 0% aos autónomos e as empresas que se dedican a ocupacións como a economía social; o ocio nocturno e a hostalería; a industria cultural e de lecer; as que realizan a súa actividade principalmente no verán, como as orquestras; e as que non teñen un emprazamento único, como os feirantes, entre outros. Disporán dun prazo para a devolución de ata sete anos, nos que están incluídos tres de carencia.



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



