Ribadeo, 14 de xaneiro de 2021. O cribado xeral realizado nas últimas horas no Hospital Asilo deu como resultado 5 novos casos positivos por covid19, segundo ven de dar a coñecer o alcalde, Fernando Suárez, que asegura tamén que outras 5 persoas superaron a doenza e teñen inmunidade xerada contra este virus.
O rexedor dixo que “seguindo a estela da derradeira nota de prensa emitida, temos que seguir falando dunha situación agridoce. Por unha banda, indicar que despois de ter os resultados do cribado xeral realizado no día de onte, as autoridades sanitarias do Hospital da Costa maniféstannos que hai 5 novos casos de positivos en covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo. Estase á espera da decisión das autoridades do Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) do momento e do número delas que poidan ser trasladadas a Santiago de Compostela, ao igual que outras nos días pasados. Cabe indicar que a meirande parte destas persoas eran compañeiras de cuarto de usuarios que nos días anteriores deran positivo en coronavirus, polo que a situación dalgún xeito non supón sorpresa”.
Suárez Barcia subliñou que “en canto ás boas novas desde a última nota de prensa emitida, 3 persoas que estaban desprazadas no Cegadi e 2 que permaneceron sempre no Hospital Asilo superaron a doenza e deron negativo nos controis de PCRs e nos tests de anticorpos revelaron que teñen inmunidade xerada contra o covid19. O resto de persoas usuarias, tanto as que continúan no Cegadi como as que sempre permaneceron no Hospital Asilo, evolucionan paseniñamente e manteñen, en termos xerais, uns niveis aceptables de sintomatoloxía, a pesares de que moitas delas teñen unha idade moi avanzada e presentaban xa patoloxías previas”.
O alcalde sinalou que “se segue valorando como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos Protocolos e Planes de Continxencia por parte da Dirección do Centro e do seu persoal, así como a actitude dos residentes á hora de enfocar esta crise sanitaria. Igualmente se continúa a valorar moi positivamente a actuación coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Costa e das do Cegadi por ir desprazando a Santiago a estas persoas afectadas, logrando así dous obxectivos estratéxicos neste momento: O primeiro é que os afectados estean nas mellores condicións de atención residencial e hospitalaria posible. E o segundo é que o Hospital-Asilo de Ribadeo vexa diminuído de xeito moi importante o risco de transmisión vírica para o resto de persoas que viñeron dando negativo en todo este tempo e que actualmente supoñen unhas 29, entre usuarios e persoal, sumando os que sempre deron negativo, os que viñeron do Cegadi e as altas das que sempre permaneceron no Hospital Asilo”.
Fernando Suárez engadiu: “como sempre indicamos, manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos teñamos que enfrontar, coa confianza de que ter pasado xa polo pico de madurez deste gromo que se iniciou hai máis de tres semanas. Seguirémolo a facer a medida que vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza necesaria que evite rumoroloxías ou situacións de confusión”.
O rexedor fixo unha valoración global da situación do conxunto de Ribadeo: “segundo os datos que vén de publicar a Consellaría de Sanidade no día de hoxe, Ribadeo aparece con 19 casos nos últimos 14 días. Debemos, por todo isto, concienciarnos a nós mesmos e aos que nos rodean, e cos que interaccionamos a diario, para que cumpramos escrupulosamente todas e cada unha das recomendacións e obrigas que as autoridades sanitarias nos indican. De todos nós dependerá que a cifra suba ou baixe nas vindeiras horas”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



