Lugo, 18 de xaneiro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou que, tanto as reunións da Xunta de Goberno que restan de xaneiro, como as comisións informativas previas ao Pleno deste mes e a propia sesión plenaria, prevista para o vindeiro martes, día 26, celebraranse vía telemática. Esta decisión enmárcase no conxunto de medidas que o mandatario provincial decidiu adoptar, mesmo por riba dos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias, para reforzar a prevención e a protección da saúde dos traballadores e traballadoras da Deputación e tamén da cidadanía ante o forte repunte da incidencia da pandemia a nivel xeral e despois dos tres casos detectados no conxunto da plantilla da institución.
A Deputación de Lugo vén adoptando dende o inicio da pandemia todas as medidas preventivas necesarias ante a Covid-19, adaptadas a cada momento da evolución da crise sanitaria, incluso con maior intensidade e rigor que as establecidas polas autoridades sanitarias, co fin de preservar a seguridade e a saúde dos seus empregados e empregadas, así como da cidadanía á que presta atención e servizos públicos, mantendo ao mesmo tempo o funcionamento da institución.
Deste xeito, e ante o repunte de casos por Covid-19, a Deputación decidiu reforzar as medidas de prevención e protección que xa tiña en vigor, ampliando ao conxunto da plantilla o traballo non presencial, en todos os casos nos que esta modalidade sexa posible, para reducir ao mínimo imprescindible a presenza de traballadores e traballadoras nas dependencias provinciais entre hoxe, día 18, e o 31 de xaneiro. Con este mesmo obxectivo, celebrará vía telemática durante este período as reunións da Xunta de Goberno, así como as comisións informativas previas ao Pleno e a sesión plenaria ordinaria deste mes.
Resulta lamentable que o voceiro do Partido Popular utilice politicamente a pandemia porque no comunicado de prensa que a institución provincial enviou o pasado sábado coas medidas de prevención da Covid xa se recolle que terán prioridade as reunións da institución vía telemática, unha medida que se reafirma nun decreto asinado hoxe polo Presidente. Polo tanto, é absurdo calquera tipo de solicitude neste sentido.
Por outro lado, a Deputación informa de que, seguindo as indicacións do SERGAS, o Presidente gardará corentena ata o vindeiro luns por ter estado en contacto coa Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen deu positivo por Covid-19. Aínda que, segundo as probas que lle foron realizadas ata o momento, Tomé Roca deu negativo e continúa desenvolvendo o seu labor dende o seu domicilio.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



