Burela, 21 de xaneiro, 2021. A terceira vaga da pandemia está a afectar con dureza a todo o país incluída a comarca da Mariña. Segundo o voceiro do BNG en Burela, Mario Pillado, “O noso concello, entre outros, queda afectado por un peche perimetral, toque de queda de 22:00 a 6:00 horas e restricións de aforo e horarios para a hostalaría e o comercio en xeral, coas consecuencias que isto ten para o tecido socioeconómico, posto que se trata do cuarto peche ó que se enfronta a nosa vila”
Pillado engadiu que “na nosa vila atópase tamén o Hospital Público da Mariña, onde tamén aumentou o número de doentes hospitalizados por Covid19, algo que tamén nos preocupa, tanto polos casos da propia enfermidade, como tamén polos atrasos que a situación pode xerar noutras patoloxías debido a situación do centro hospitalario”.
Para o BNG, o concello de Burela ten que coordinar as solucións para os atoamentos no Hospital.
Neste centro hospitalario é tamén onde se levan a cabo as probas PCR de toda a Mariña. O voceiro do BNG continuou dicindo que “estas probas fanse no interior dos vehículos, feito que está a xerar longas colas que colapsan os accesos ó centro e as rúas mais achegadas. Os intentos por regular o tráfico nos momentos de maior atoamento non deron moito froito e repítense as colas a diario”.
O voceiro do BNG en Burela, Mario Pillado, finalizou comentando que “o concello de Burela ten que coordinarse co resto de administracións e autoridades para dar solución a este problema posto que supón un inconveniente tanto para quen ten que pasar a proba PCR como para o resto de veciñanza que precisa acceder ó hospital ou mesmo para o paso de ambulancias”


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



