Case un ano levamos xa mergullados neste pesadelo que nos cambiou a vida, que nos afastou dos que queremos, a algúns para sempre, que nos está a facer vivir nunha especie de ruleta rusa na que nunca sabemos se nos vai tocar e se cada día no que semella que a situación mellora é o preludio dun novo empeoramento, como estamos a vivir.
E o peor de todo é que, pese a quen pese, e malia que a moitos non lles guste admitilo, non aprendemos, porque non todo o que está a pasar o fai por casualidade.
Certamente, calquera de nos, ainda tentando cumplir escrupulosamente todas as precaucións e recomendacións establecidas, podemos contaxiarnos nun momento dado, pero non o é menos que a esta situación caótica na que de novo nos atopamos tras algún que outro brevísimo paréntese de certo alivio non chegamos así, sen mais, porque si.
Os nosos políticos, alá pola primaveira, e despois de fustigarnos durante todo o confinamento co “e ti mais” e de mirarse os seus propios embigos coma se o mundo xirara en torno a eles e coma se non tiveramos abondo, levantaron o estado de alarma e suavizaron numerosas restriccións porque había que salvar o verán, o turismo, e para eso había que abrir fronteiras, viaxar, xuntarnos, ir de vacacións, e, ademais, había que andar con moito tento con eso de excederse coas medidas antipopulares, porque a hora de futuros comicios pasa factura.
E a cidadanía estivo encantada, ou, polo menos, unha gran parte dela, porque, ademais o merecíamos, dicían, así que fixeron as maletas, aproveitaron que as portas se abrían, e a disfrutar, a relaxarse, a xuntarse, gardando as precaucións unhas veces si, e outras non tanto.
Houbo festas, xuntanzas, celebracións, terraceo en pandilla, copas, pitillos e máscaras que descendían perigosamente, sobre todo cando a exaltación da amizade despois dunhas cantas cañas propiciaban as apertas e os bicos, porque total, “eramos de confianza”…..E chegou a segunda onda!.
Lamentos, choros, restriccións, presión hospitalaria, negocios pechados…….Volta atrás.
Cando a situación mellorou un chisco, o outono xa estaba aquí, e con él un novo reto, principalmente para quen aspira a seguir medrando políticamente: Había que salvar o Nadal!. Ollo, señoras e señores, hai que ter coidadiño se queremos comer o turrón e cantar as panxoliñas todos xuntiños, en familia, mesmo aqueles que pasaron media vida renegando da obriga de xuntarse nesas datas, pero que o pasado Decembro estaban posuídos pola mais puro espíritu de conto de Dickens.
E así foi.
Os que mandan dicían, “Podedes ir, pero meior non vaiades”, o que ben sendo, “Ir é unha temeridade, pero que conste que, se pasa algo, que pasará, a culpa é vosa”.
Et voilá!, a terceira onda xa está con nos.
Agora, o amo do feudo di que él non foi, que a culpa e dos outros, dos do goberno central e, por suposto, da cidadanía, desa mesma cidadanía a que él arengou para “salvar o Nadal”, que él non sabe nada, que soamente pasaba por alí, unha estratexia, por certo, que emprega con maxistral maestría de xeito habitual e que, sorprendentemente, segue convencendo a moitos, que llo agradecen cos seus votos.
Os que pasaron de todo, din que total eles soamente se achegaron a ver aos seus, porque claro, os sentementos mandan, porque se ve que os que tentamos cumplir e non arriscar non temos deso.
Mentras, numerosos negocios esmorecen, ou morren definitivamente, a miseria chega a moitos fogares, o desemprego medra, e, o peor de todo, a insensatez, a falta de escrúpulos, a ambición desmedida, o afán de poder, están a costar moitas vidas.
O virus é perigoso, traidor, e ataca por sorpresa, certo, pero estamos a padecer outro virus, o da insensatez, da megalomanía dos que nunca teñen poder abondo, da irresponsabilidade colectiva, que é tanto ou mais letal.
De feito, conforman a combinación perfecta para que o virus acabe con nos.


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



