Cando visitas o magnifico museo do Louvre, descobres que unha pirámide invertida pode ser un elemento novidoso da arquitectura, que de feito é un activo na creación literaria e cinéfila mundial. Foi un acerto, un luxo de traga luz para a parte máis comercial do museo de París.
Na Galicia tamén temos as nosas pirámides invertidas, iso si non tan premiadas nin tan cinéfilas, os territorios de Ourense e Lugo, son en si mesmos a pirámide invertida da demografía europea, sen premios, mais con referencias en todos os estamentos da Unión como exemplo do que non pode pasar. Imos camiño de ser a Siberia ou a Laponia. Porén Ourense e Lugo teñen potencial para non ser tal referente, soamente ten que acreditar nesta realidade o Estado. E digo o Estado e non a Xunta ou Deputacións, porque o fallo está nas grandes políticas que desde Madrid non se aplican.
O Potencial do sector primario está fora de toda dúbida, o potencial turístico está tamén nas mesmas coordenadas, o apego á terra está fora de dúbida , entón cal é a chave? É sinxelo a falta de grandes conexións e a falta de asentamento de industria referencial que depende da acción do goberno de España. Todo é mellorable, máis o esforzo das administracións locais é forte, aínda que non é suficiente. É preciso analizar os datos e facer forza desde a base social de Galicia para cambiar esa realidade na acción das Cámaras de Madrid. A chegada de fondos UE na nova era Post-COVID é a derradeira oportunidade de normalizar as cousas e de facer despegar a Galicia na súa totalidade. Fai falla un gran pacto galego pro Lugo e Ourense.
A densidade de poboación de Lugo e de 34 habitantes por Km2, na veciña Asturias é de 96 habitantes. A densidade de Ourense é de 43 habitantes por km2 mentres Pontevedra ten 210 por km2.
Por cada pensionista de Lugo ou Ourense só temos dous traballadores, cuestión que en 15 anos será deficitaria, sendo unha lousa na vida social e económica dos territorios.
Como festa final, desde o Estado os orzamentos caen máis do 15% nestes territorios, facendo unicamente dúas inversións significativas: A-54 en Lugo e circunvalación do Barco en Ourense.
As sinais son claras, e a demanda tamén, ou se fai un pacto por Lugo e Ourense para demandar do Estado unha acción real, ou o crecemento de toda Galicia estará lastrado. A oportunidade é agora, porque Europa está, temos que aproveitala.
Piñeiro Docampo,
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



