Confésolles o meu absoluto abraio. Eu pensaba que nestes tempos de pandemia o importante era a saúde individual e colectiva, como único vieiro posíbel cara a reconstrución económica. Pensaba tamén que sen garantir o dereito á saúde non se podía garantir o dereito de voto e de participación política. O Decreto do Govern suspendendo as eleccións do 14-F tiña como precedentes os Decretos da Xunta de Galicia e do Goberno vasco suspendendo cadansúas eleccións nacionais e, malia ser inédito-como tantas cousas-na historia electoral, constituía a única ferramenta para garantir os dereitos fundamentais á vida e á saúde e o dereito de participación política.
Mais estáballes trabucado, porque non había tal. O importante seica é a unidade de España, dogma teolóxico ao que todos os partidos unionistas e elementos do Deep State supeditan os dereitos dos cidadáns á saúde, a votar e, xa que logo, a votar con garantías sanitarias. Velaí que fose obrigado suspender o Decreto do Govern porque o Tribunal Superior de Catalunya (como teño dito unha peza do sistema xudicial español, non integrada no Poder autonómo catalán) considera que votar o 14-F presenta un interese estatal “intenso”. Eleccións si ou si, polo civil e polo militar. E se non queres caldo dúas cuncas.
O meu erro chegaba tamén a pensar que non era lóxica en plena pandemia a demisión do Ministro de Sanidade para se presentar ás eleccións, cando o vacinamento está a se desenvolver con problemas e só o Estado ten voz e voto na Unión Europea que merca as nosas vacinas. Mais seica non era así, porque Salvador Illa era o candidato elixido non só polo PSC e os Comúns, senón pola propia Vox, que xa anunciara polo seu voceiro estatal o seu voto por Illa cando aínda non se emitira nin o primeiro voto por correo. Velaí outro erro meu, pensaba que a esquerda estatal que dirixe o Goberno do Estado era incompatíbel coa dereita estatal por ese mantra que tantas veces repiten dicindo que o importante é o social. Pois non, todos a votar Illa como todos votaron Colau no seu intre. E saben por qué? Porque o importante para as forzas unionistas non é nin o social, nin a saúde nin a calidade democrática do sufraxio. O importante é a unidade de España, dogma teolóxico unionista a xeito do dogma católico da Santisma Trindade.
Esta Santa Alianza unionista arredor da solución Illa é posíbel na teoría porque o Goberno do Estado non fixo absolutamente nada nin por achegar unha solución á radical inxustiza da existencia dos presos políticos cataláns. Nin baseada no dereito de graza nin baseada na despenalización do delicto de sedición, inexistente nos Códigos penais das democracias europeas. Velaí que nin Garriga nin Abascal, nin A. Fernández nin Casado, nin Carricosa nin Arrimadas teñan ningún problema, se se lles da a oportunidade, en elixir cos votos dos deputados a Salvador Illa, o candidato do PSOE de Sánchez, que é quen manda de verdade no PSC.
Se a cidadanía catalá, malia todo, rexeita esta Santa Alianza unionista o 14-F cal será a seguinte xogada do Deep State ? Seguerá a ser a esquerda española o lado convexo do lado cóncavo da dereita española?


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



