Nota de Prensa
O director xeral de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia, Andrés Hermida, así o confirmou en resposta a unha iniciativa do deputado popular Jose Manuel Balseiro
O ALCALDE DE BURELA (PSOE) NON SE ABSTIVO DE PARTICIPAR NO TRIBUNAL DE SELECCIÓN DO PACTO POLO EMPREGO NO QUE SE CONTRATOU A UNHA CONCELLEIRA DO SEU EQUIPO DE GOBERNO
* A abstención persegue impedir que participen na adopción das decisións dos procesos de selección aqueles suxeitos nos que concorran circunstancias que non garantan a súa actuación obxectiva e imparcial.
* O deputado popular non cuestiona o dereito de calquera persoa, pertenza ao partido que pertenza, a participar nun proceso de selección de persoal, pero lembra que desde o punto de vista ético e formal o alcalde debera ter abandonado ese tribunal
Santiago, 28 de maio de 2010.- O director xeral de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia, Andrés Hermida, confirmou en resposta a unha iniciativa do deputado popular Jose Manuel Balseiro, que o Alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano García, non se abstivo de participar no tribunal de selección do pacto polo emprego da Mariña no que se contratou a unha concelleira do seu equipo de goberno.
Tanto o representante do Goberno galego como o deputado popular coincidiron en que a abstención é un mecanismo previsto na lexislación administrativa vixente, “que tamén debera aplicarse a este tipo de oficinas que, aínda que non son administración en sentido estricto, si manexan fondos públicos”. Esta medida persegue impedir que participen na adopción das decisións dos procesos de selección aqueles suxeitos nos que concorran circunstancias que non garantan a súa actuación obxectiva e imparcial, como era este caso pola súa vinculación persoal e política con unha das participantes.
Andrés Hermida tamén ratificou que Alfredo Llano foi o único alcalde en Galicia que participou no proceso de selección de persoal dos técnicos dos pactos territoriais o que evidencia a politización que se pretendía destes organismos. Tamén indicou que as entrevistas persoais foron determinantes para a contratación de moitos destes traballadores, por riba dos resultados da simple valoración de méritos. Balseiro quixo deixar claro que non cuestiona o dereito de calquera persoa, pertenza ao partido que pertenza, a participar nun proceso de selección de persoal, pero lembra que desde o punto de vista ético e formal o alcalde debera ter abandonado ese tribunal.
















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



