RIBADEO .- Queixase o concelleiro ribadense de Medio Ambiente “estamos outra vez no cincuenta por cen de impropios ou o que é o mesmo a metade do que se bota neste contedor – o amarelo – non ten que ir a el “e non descarta, si os datos non melloran, “que a Policía Municipal interveña, tal e como se está a facer noutros países, revisando as bolsas no momento no que se depositen de forma aleatoria”. O responsábel local de medio ambiente Horacio Cupeiro espera que melloren.
Nota de Prensa
O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE PIDE IMPLICACIÓN AOS VECIÑOS PARA MELLORAR OS DATOS DA RECOLLIDA SELECTIVA DOS ÚLTIMOS MESES. OS IMPROPIOS CHEGARON ATA O 50%.
Ribadeo, 29 de outubro de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, está disgustado <polos resultados do último cuatrimestre relativos á recollida selectiva, ousexa o que deixamos no contedor amarelo>. O edil nacionalista di que <estamos outra vez no 50% de impropios ou o que é o mesmo a metade do que se vota neste contedor non ten que ir a él. É certo que foi no verán e por aquí pasa moita xente, pero os ribadenses temos que dar exemplo de solidaridade co medio ambiente, facendo neste caso unha boa recollida selectiva para estar por debaixo do 30% recomendable>.
Si estes datos non melloran, engade Cupeiro, <no vindeiro trimestre veréime obrigado a que a Policía Municipal interveña, tal e como se está a facer noutros países, revisando as bolsas no momento no que se depositen de forma aleatoria>.
Excrementos dos cans
O edil de Medio Ambiente tamén se queixa <da rebeldía dalgúns veciños á hora de recoller os excrementos dos seus propios cans xa que despois de sacar o bando e de estar facendo campañas falando que non se están a facer as cousas ben, hai uns cantos que continúan facendo caso omiso tanto do bando municipal coma das recomendacións que estamos a facer>. Horacio Cupeiro insiste en que <si esto non cambia verémonos obrigados a involucranos máis desde o Concello para esto sexa unha realidade>.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



