Foz, 20 de febreiro de 2021. O Concello de Foz continúa coa súa política de mellora da seguridade viaria en puntos conflitivos para os peóns e para o tráfico. Dentro dese plan acaba de colocar unha nova barreira de protección na ponte sobre o río Ouro que hai en Trasmonte.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica “o perigo que presentaba a ponte sobre o río Ouro no camiño a Trasmonte, en Santa Cilla. A antiga varanda, moi rudimentaria, feita con tabiquería e dúas tubaxes metálicas, estaba vencida pola caída dunha árbore e non se repuxera.
Agora na lonxitude do viaduto dispúxose un pretil metálico homologado con nivel de contención H2, de forma que se garanta a seguridade de todos os vehículos ao cruzar esta ponte. Tamén se instalaron carteis indicativos do río Ouro, poñendo en valor os valiosos recursos naturais nun dos recunchos máis fermosos do noso concello”.
O rexedor municipal destaca que “unha das prioridades na renovación dos viais municipais do casco urbano e parroquias é a seguridade. Nese sentido estamos actuando na disposición de lombos para a redución de velocidade e a instalación de barreiras nos puntos onde unha saída da vía poida causar un accidente de gravidade”.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



