Lugo, 23 de febreiro de 2021. O grupo do Partido Popular pon de novo sobre a mesa na Deputación os debates que son realmente importantes para a provincia. Por iso, no pleno que celebra hoxe a corporación provincial, o PP vaise centrar, segundo explica o seu portavoz, Javier Castiñeira, “en tres grandes problemas que ten a provincia de Lugo a día de hoxe”. Un deles é o control do lobo, cuestión sobre a que Castiñeira apunta que “efectivamente ten que haber un control e esperamos que o goberno da Deputación así o entenda”. O problema é –di Castiñeira- que “o Partido Socialista di unha cousa en Santiago e outra completamente distinta en Madrid”. A maiores, “tamén sabemos o caso que fan en Madrid ao presidente da Deputación, José Tomé; é un cero a esquerda, como vimos nos orzamentos do Estado, na transición enerxética e no tema do control do lobo”.
Outra cuestión á que, pola vía da moción, dan protagonismo os populares é a dos servizos que necesita a Comisaría de Lugo. Castiñeira sinala: “É un prexuízo para esta provincia a perda da sala do 091 na Comisaría de Policía de Lugo. O partido Socialista defende que a desaparición desta sala é algo positivo para Lugo; nós entendemos que é exactamente o contrario: perdemos proximidade da nosa policía. No PP pedimos que se mellore o servizo tamén coa creación da unidade UPR e cubrindo as quince prazas de policía que están sen cubrir”.
Por outro lado, por iniciativa do PP, neste pleno abordarase unha cuestión que os populares consideran que é moi importante para Lugo: un plan para protexer o patrimonio provincial e para poñelo en valor. A este respecto, Castiñeira indica: “Xa o presentamos no ano 2014; tivemos o apoio unánime da corporación, pero en seis anos non vimos absolutamente nada deste plan e o patrimonio foi caendo: caeu a Casa da Botica de Guitiriz, está por caer a Casona do Incio e temos cantidade de construcións abandonadas e sen uso; esperemos que sexan feitos e non só palabras”.
O portavoz popular di: “Nesta sesión plenaria levamos un rogo importante, a petición dos veciños de Carballedo, porque acabamos de saber que un autobús escolar tivo que estar parado porque quedou atascado nun tramo en moi mal estado dunha estrada provincial. Imos pedir que se faga caso as demandas dos veciños para mellorar as estradas da Deputación”.
Javier Castiñeira, á vista da orde do día do pleno, di que “outra cuestión son as propostas do goberno que suscitan un debate que non deixa de ser un debate provincial do estado da Autonomía”. Aclara: “Neste caso o asunto é a cobertura social, o modelo de residencias e de servizo de axuda no fogar da Xunta de Galicia, que é un modelo que se ven mellorando ano tras ano: desde o 2009 incrementáronse máis dun 40% as prazas en residencias, aumentaron as prazas en centros de día (en Lugo pasamos de 200 a case 600) e en teleasistencia estamos nos números máis altos da historia. Evidentemente todo é mellorable, pero non compartimos o dobre raseiro do goberno bipartito (PSOE-BNG) da Deputación de Lugo, que para a Xunta de Galicia pide un modelo que sexa absolutamente público e gratuíto e en Lugo vemos que as residencias da Deputación teñen concesións con empresas ou entidades relixiosas e se sigue tirando do copago”.
Así as cousas, o PP pide coherencia e que o goberno da Deputación predique co exemplo. Castiñeira sinala: “O que non podemos é pedir unha cousa desde a oposición e cando estamos no goberno facer exactamente a contraria. Claro exemplo son os múltiples servizos da Deputación que están externalizados, por non falar de Tragsa e doutras empresas que prestan servizos que PSOE e BNG, cando están na oposición, reclaman que sexan municipalizados ou desempeñados directamente por las entidades públicas. É necesaria máis coherencia e menos hipocrisía e demagoxia, especialmente no que afecta aos servizos sociais”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



