Lugo, 23 de febreiro de 2021. A Deputación de Lugo reclamará á Xunta de Galicia que incremente a financiación para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) logo de levar dez anos destinando os mesmos recursos. Así o acordou este martes o Pleno provincial coa aprobación dunha moción socialista que contou co apoio do BNG e abstención do PP, que pretende reforzar un dos piares do estado de Benestar na provincia. Na sesión plenaria celebrada esta mañá de maneira telemática saíu adiante tamén unha moción do PSdeG reclamando un novo modelo eólico.
Respecto do SAF, o acordo chegou logo da moción do PSdeG que defendeu o Deputado Pablo Rivera. O responsable provincial da área de Promoción Económica e Social lembrou que este servizo ten por obxecto previr e atender situacións de necesidade prestando apoio de carácter doméstico, social, educativo, rehabilitador ou técnico e acusou ao Goberno autonómico de “mala praxe” por traspasar a responsabilidade aos Concellos sen axudarlles coa financiación.
“Basta xa de cargar ós concellos e ós veciños con responsabilidades e custos que non lles corresponden”, denunciou Rivera, que lamentou que a Xunta de Galicia manteña conxelado, dende fai dez anos, o financiamento do SAF. O Deputado socialista reprochou que o Goberno autonómico, cun orzamento de 11.563M€ destine 9,70 euros por hora para este servizo que ten un custe real de entre 18 e 22€, sendo os concellos e as persoas os que asumen ese desfase. Defendeu o responsable de Promoción Económica e Social que, cun presuposto de só 92,5M€, a Deputación de Lugo dedica ao SAF case 12€/hora nos Orzamentos 2021.
Pablo Rivera explicou que as competencias en materia de Servicios Sociais están atribuídas á Xunta, e que o seu traspaso ás entidades locais, segundo recolle a Lei, “deberá ir acompañada da transferencia dos medios económicos, materiais e persoais que resulten necesarios para o seu adecuado exercicio”. Citou o responsable de Promoción Económica e Social que segundo o informe da FEGAMP sobre as repercusións da Covid-19 nos servizos sociais galegos, a pandemia veu sobrecargar aínda máis as arcas locais e que os concellos galegos recibiron, só na primeira ola, 17.317 solicitudes de novos usuarios de servizos sociais ou novas demandas de axudas.
Modelo eólico
A Corporación Provincial acordou tamén que a Deputación de Lugo defenda a necesidade dun novo modelo eólico. A institución reclamará á Xunta que modernice o ordenamento do sector conxugando o respecto medioambiental co desenvolvemento enerxético e a creación dunha oficina de asesoramento técnico, administrativo e medioambiental para concellos e comunidades afectadas por procesos de desenvolvemento de actividade eólica no seu territorio.
O Deputado Pablo Rivera sostivo que Galicia coñeceu un forte desenvolvemento da enerxía eólica ata o 2008 grazas ao marco regulador que favorecía o seu aproveitamento e a aposta dos gobernos progresistas polas enerxías renovables, pero que con Feijóo na Xunta, “entre os anos 2009 e 2018, só se instalaron en Galicia 277Mw de potencia eólica” por falta de plan industrial.
“Aos propietarios dos terreos non se lles ofrece información ou asesoramento como alternativas á expropiación nin ás eólicas se lles ofreceu marco regulador axeitado nin planificación”, lamentou Rivera, que reprochou que estas carencias derivan en que moitos dos parques acaben instalados en territorios de Rede Natura, provocando que colectivos ecoloxistas se manifesten contra unha enerxía renovable. Tamén expuxo o socialista que os concellos que albergan os parques reciben unha porcentaxe mínima dos beneficios xerados, porque a Xunta “incumpre a súa propia lexislación sobre o canon e o Fondo de Compensación Ambiental”.
Recordo do Presidente ao 23F
Ao inicio do Pleno deste martes, o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, fixo alusión á conmemoración no día de hoxe dos 40 anos da intentona golpista do 23F: “Celebrar un Pleno provincial é sempre unha pequena celebración da normalidade democrática. É o xeito de levar a cabo o mandato que cada un de nós ten encomendado polos veciños e veciñas, que elixiron libremente nas urnas aos seus representantes municipais. Así que, vanme permitir que hoxe, que é 23F, lles saúde dun xeito especialmente cordial e que lles invite a que renovemos o noso compromiso coa democracia. Unha democracia que resistiu hai 40 anos un feroz ataque frontal, e que temos a obriga de reforzar cada día co noso traballo cotián”.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



