
Foto de arquivo
Compostela, 4 de marzo, 2021. O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre a primeira venda de produtos pesqueiros frescos realizada o ano pasado nas lonxas e centros autorizados de Galicia que mostra que a comercialización de peixe se mantivo practicamente estable en relación con 2019 malia as dificultades derivadas da alerta sanitaria polo coronavirus. A poxa das distintas especies de peixe sufriu un descenso do 2,4% en 2020, con algo máis de 138.000 toneladas, o que demostra o esforzo realizado pola frota galega durante o pasado exercicio para abastecer de alimentos de calidade á cidadanía durante a pandemia.
Trátase dun esforzo que o sector realizou en moitas ocasións malia non ser rendible a súa actividade, como reflicte o feito de que a facturación pola venda de peixe caeu en maior medida que as descargas, un 6%, con algo máis de 300 millóns de ingresos pola súa venda, posto que o prezo medio dos peixes caeu ante a menor demanda destes produtos.
O balance global de 2020 nas lonxas galegas -incluíndo todas as especies- deixa unha caída do 5% nas cantidades comercializadas, ata superar levemente as 150.000 toneladas, e unha baixada na facturación de algo máis do 10%, ata rozar os 413 millóns de euros. Estes descensos débense en boa medida á evolución da comercialización dos bivalvos, cunha caída das cantidades poxadas do 34% e dos ingresos obtidos do 24%, como consecuencia da menor actividade do sector marisqueiro durante boa parte do ano polo peche da hostalería, a principal canle de venda destes produtos.
Esta evolución das descargas e das poxas demostra que o sector pesqueiro resistiu mellor que outras ramas de actividade da economía galego o impacto da crise polo coronavirus. Entre os datos positivos rexistrados malia a pandemia está o prezo medio dos produtos do mar, que acadou en 2020 os 2,75 euros o quilo, o que supón a terceira mellor cotización da serie, que se remonta a 1997, tras baixar desde os 2,94 euros o quilo acadados un ano antes.
Por grupos de especies, preto do 92% da cantidade comercializada en 2020 era peixe, con eses 300 millóns de euros de facturación. Entre o 8% restante destaca o grupo dos bivalvos, que achegou algo máis do 4% das vendas e acadou uns ingresos de 66 millóns de euros, máis do 16% da facturación total das lonxas e centros de primeira venda de Galicia ao tratarse de produtos que obteñen prezos medios altos.
Atendendo ás zonas xeográficas, as lonxas da provincia da Coruña foron as que máis especies pesqueiras descargaron, con case o 52% das vendas (preto de 78.000 toneladas), seguidas das de Pontevedra (25% e 38.000 toneladas) e das de Lugo (23% e 34.000 toneladas). En relación á facturación, A Coruña tamén se mantén como a primeira, co 37,4% dos ingresos e máis de 154 millóns de euros, seguida moi de preto por Pontevedra, co 37,1% dos ingresos, por enriba dos 153 millóns de euros. Lugo queda co 25% restante ao superar os 105 millóns de euros de cifra de negocios.
En canto ás zonas administrativas da produción, copan a maior parte da actividade as que teñen na súa área de influencia algunha das lonxas máis grandes: A Mariña, Arousa, Coruña-Ferrol e Vigo. De feito, esta catro zonas concentran o 86% das vendas e da facturación do conxunto de centros de primeira venda da comunidade.
Resultados por lonxas e especies
O informe da Consellería do Mar destaca que as lonxas da Coruña, Vigo, Ribeira, Burela e Celeiro se manteñen como as máis importantes de Galicia ao concentrar máis do 82% dos produtos do mar frescos comercializados e case o 73% da facturación. En canto aos ingresos xerados destacan tamén outras como O Grove, Cambados, Noia ou Carril, froito da súa actividade marisqueira e vencellada á frota de artes menores con recursos que acadan un alto valor comercial.
Por especies, a máis comercializada en 2020 nas lonxas galegas foi o xurelo, con preto de 32.000 toneladas, seguida da pescada, con case 26.000 toneladas, e do lirio, con máis de 20.000 toneladas. Estas tres especies concentran máis da metade das capturas totais poxadas durante o ano pasado. En canto á facturación, a especie destacada é a pescada, cuns ingresos xerados de preto de 100 millóns de euros e unha cuarta parte da cifra de negocios total das lonxas. Séguena a distancia outras especies como o peixe sapo (34 millóns), a ameixa xaponesa (máis de 28 millóns), o xurelo (26 millóns) e o rapante, cuns ingresos xerados de máis de 25 millóns de euros.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



