Burela, 18 de marzo de 2021. O Concello de Burela busca solucións para cubrir a baixa dun médico desde hai un tempo na Unidade de Atención a Drogodependencias. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que se trata dun servizo comarcal asumido polo Concello burelés, que debería ser responsabilidade directa do Sergas.
O rexedor contou “con respecto ao médico da UAD, tivemos unha reunión telemática con autoridades e responsables da UAD en toda Galicia e por tanto tamén de Burela. Para que o entenda todo o mundo, a UAD é unha competencia impropia do Concello de Burela, iso é unha cuestión que historicamente procede dun servizo mancomunado, que despois, polas razóns que fosen, quedou no Concello de Burela, que tamén asumiu ao persoal, 7 profesionais que traballan nesta Unidade de Drogodependencias”.
Llano dixo que “é certo que, como é normal, na plantilla hai un médico especialista para atender aos usuarios da UAD, pero está de baixa por enfermidade desde hai uns meses. E é moi difícil cubrir a baixa deste médico, aínda que levamos tempo intentándoo e aplicamos diferentes metodoloxías. É moi complicado conseguir un médico especialista de saúde mental para que veña a atender estes pacientes porque hai dificultade para atopar especialistas e porque a Unidade de Drogodependencias de Burela, como as do resto de Galicia, depende de subvencións, coas que se cobren os soldos dos profesionais, pero tamén as medicinas, os tratamentos e todo aquilo que corresponde. Polo tanto hai unha achega específica e clara para os salarios dos profesionais. E un especialista que traballa na Unidade de Drogodependencias non ten o mesmo salario que outro profesional equivalente que traballa en atención primaria ou no hospital. Por tanto é moi difícil conseguir cubrir esta praza”.
O alcalde burelés manifestou: “así que a ver cando pode incorporarse o profesional que está de baixa. El di que será en breve e polo tanto imos agardar que sexa así. E paralelamente imos intentar cubrir esta baixa. Pero hai que ter en conta que ao ser unha competencia impropia non podemos xustificar a necesidade dun profesional a maiores do que hai xa, que aínda que está de baixa segue cobrando. Estamos estudando algunha maneira de colaboración para que mentres non se cobre unha praza ou non se incorpora o profesional que está de baixa o Sergas, mediante as unidades que correspondan, nos aporte un ou dous días á semana un profesional para atender as necesidades máis urxentes dos usuarios”.
Alfredo Llano engadiu: “este servizo é única e exclusivamente responsabilidade da Xunta de Galicia, pero está nos Concellos, onde estamos encantados de dispoñer deste servizo para atender aos nosos veciños e aos do resto da Mariña, porque é comarcal. Pero evidentemente a responsabilidade directa debe ser do Sergas e non dos Concellos. Así que dentro das nosas posibilidades e da subvención que recibimos vamos procurar atender da mellor maneira posible este servizo e aos seus usuarios, sempre colaborando coas autoridades sanitarias e cos responsables das Unidades de Drogodependencias”.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



