No debate parlamentario do mércores 24-M Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG) preguntáronlle ao presidente Núñez Feijóo polos 2M€ de cartos negros á Caixa B do PP presuntamente fornecidos polo PPdeG, segundo a declaración testemuñal do antigo xerente do PP, Luis Bárcenas. O noso Presidente, revalidando outravolta o seu recoñecido liderado nos deportes de lle botar a culpa aos demáis e de lle facer oposición á oposición rexeitou respostar aos devanditos inquéritos e, no caso do BNG, respostou dicindo que de catro conselleiros nacionalistas no goberno de coalición 2005-2009 o 25% (é dicir, o conselleiro Fernando Blanco) foi imputado xudicialmente, polo que seica o BNG habería ficar caladiño nos asuntos da corrupción.
Fernando Blanco foi imputado polo Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo en abril 2012 e foi liberado da devandita cualidade (agora investigado) no outono de 2018. Dende primeiros de 2014 ficou evidente que non había causa ningunha para manter as pescudas penais, polo que a súa defensa (partillada polos Despachos do prestixioso avogado galego Evaristo Nogueira e de quen asina) pediu o sobreseimento da causa. A xuiza De Lara, instrutora da pescuda penal, adiou estes pedimentos e botou mán de subterfuxios ilegais para non pechar o proceso até o 2018, rematando por desestimar os nosos pedimentos en xuño dese ano, abrindo por primeira vez dende 2014 a porta para que a Audiencia, estimando o noso recurso, arquivase a investigación en outubro de 2018.
Núñez Feijóo coñecía todo isto e soubo, ademáis, que a xuiza Pilar de Lara foi sancionada con sete meses de suspensión polos ilegais atrasos deste procedemento, entre outros. Velaí que, naquel outono, chamase ao conselleiro Fernando Blanco e lle parabenizase pola boa, malia que adiada, resolución do caso. É nidio que ningún Presidente de ningún país europeo parabeniza a ninguén que sae con bo suceso dunha investigación criminal se non acredita na súa inocencia e no acerto dunha tal decisión xudicial.
Poucos dúas antes do 24-M o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) emitiu o informe preceptivo que a lei lle encarga para determinar se Fernando Blanco ten de ser indemnizado polo Estado polo anormal funcionamento da Administración de Xustiza e respostou afirmativamente, considerando que existiron atrasos gravísimos que dilataron moitos anos a única decisión posíbel dende moi axiña para pechar o procedemento: o seu sobreseimento. Os avogados e xuristas sabemos da dificultade dun tal informe, mesmo no caso de demoradas investigaciñons penais e mesmo periodos de sofrimento de medidas cautelares de cárcere preventivo. É moi difícil que o CXPX diga que ninguén ha ser indemnizado por sofrir a pena de banco. Mais fíxoo xa no caso de Fernando Blanco.
Velaí que a resposta na sé parlamentaria de Feijóo o 24-M sexa mesquiña e indigna da persoa que exerce a Presidencia deste País.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



