Cervo, 31 de marzo de 2021. O Concello de Cervo vén de reforzar a información turística, medioambiental e histórica de Sargadelos coa instalación de diferentes paneis adaptados ao espazo nos que se recolle toda a información precisa para descubrir esta contorna excepcional do municipio.
O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente Mali Méndez, achegáronse este mediodía ata a zona para ver o resultado dos traballos que consistiron na instalación de novos carteis deseñados pola propia área de Turismo nos que se identifican cada un dos elementos que compoñen o Conxunto -en tres idiomas galego, castelán e inglés-: o edificio das antigas cabalerizas e a antiga nave de fundición, que hoxe albergan o Centro de Emprendemento e Artesanía; o Paseo dos Namorados, os Antigos Fornos, a senda botánica…; para que as persoas visitantes poidan situarse na contorna e aproveitar ao máximo a súa estancia en Sargadelos.
En concreto, instaláronse dous paneis grandes con información histórica e un mapa da zona; ademais de sinalización vertical respectuosa co medio; e unha trintena de paneis que a persoa visitante pode atopar ao percorrer a Senda Botánica do Monte da Escarabelada; un camiño de aproximadamente un quilómetro poboado con especies autóctonas.
Tamén se colocou un cartel informativo sobre o valor ornitolóxico da contorna, instaláronse 4 caixas niño no percorrido e procedeuse ao lixado, pulido e vernizado do mobiliario –traballos que terán continuidade nos vindeiros días- para desfrute da veciñanza coa chegada agora do bo tempo e dos días festivos.
Desde a Administración local destacaron tamén o valor didáctico dos traballos que se fixeron e animan a desfrutar de Sargadelos “como un espazo único ao aire libre para gozar en familia e entre amigos sempre seguindo todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19 e respectando a contorna”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



